Lugrisiáns no Vilariño do poeta Díaz Castro

O pasado xoves 7 de abril fomos cun variado grupo de rapaces e rapazas, desde 1º ESO ata 2º Bacharelato tras as pegadas do poeta Díaz Castro, da man dos magníficos guías do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.


Neste instituto, con quen tamén fixemos intercambio hai dous cursos, levan tempo traballando de xeito moi activo en torno ao poeta que dá nome ao seu centro e que foi o conmemorado no día das letras galegas no 2014. A vez anterior estivemos no centro o día da celebración do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro (1914-1989). 

Nesta ocasión o alumnado (e profes acompañantes) percorreu o lugar natal do poeta, na aldea do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz). Divididos en catro grupos aprenderon xogando cos rapaces que fixeron de guías. 

Foi unha xornada festiva e interesante. Unha lúdica e instrutiva inmersión rural:









O luns 20 de xuño recibimos aos de Guitiriz en Coruña e presentarémoslles o "noso" pintor Urbano Lugrís. Seguro que estamos damos o talle!


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego