En Guitiriz, tras os versos de Díaz Castro
O pasado mércores, 19 de febreiro, coincidindo co centenario do nacemento do poeta Xosé Díaz Castro, os rapaces e rapazas do Club de lectura e Normalización Lingüística desprazámonos ao IES de Guitiriz que ten por nome o do poeta para compartir con todo o seu alumnado os actos de celebración dese feliz aniversario.
Despois de ver o documental elaborado por eles, A lus do mundo, houbo preguntas, poemas, representacións e música... e nós participamos... e ata cantamos.
Esperamos a que nos devolvan a visita... Saberemos estar á altura.
E de poeta en poetisa, desde a biblioteca, unímonos á celebración do día de Rosalía, con carteis, música e, sobre todo, POESÍA.

Comentarios
Publicar un comentario