Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

Paxariñas pola paz

Imagen
Para conmemorar o Día internacional da paz e a non violencia , o próximo martes 30 de xaneiro propoñemos elaborar paxariñas e outras figuras en papel  no recreo e nas clases. Practicar origami (elaborar figuras en papel) require concentración, relaxación, habilidades e práctica… Invítanos á serenidade e á paz… Nas paxariñas de cores poderemos escribir poemas e frases que teñan que ver coa paz Trae pensada o teu lema e nós ensinámosche a facer a paxariña Logo colocarémolas todas xuntas facendo un decorado… Queremos relacionar esta actividade coa  LENDA DAS MIL GRÚAS DE PAPEL e a   HISTORIA  DE SADAKO SASAKI Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grúas de papel. A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial. Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez  años máis tarde, cand

Achégase o Torneo de xadrez!

Imagen
Temos xa en marcha este curso unha nova edición do Torneo de xadrez! A data límite de inscrición é o próximo martes 31 de xaneiro. Podes anotarte na Biblioteca. O MÉRCORES 1 DE FEBREIRO , NA BIBLIOTECA, REALIZAREMOS UNHA REUNIÓN DE TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES PARA LEMBRAR AS NORMAS MÁIS IMPORTANTES E RESOLVER DÚBIDAS.  Nesta ocasión faremos o torneo seguindo o sistema suizo    a 7 rondas . Isto quere decir que TODOS OS XOGADORES xogarán 7 partidas. As datas das 7 rondas serán os seguintes días: - 1 RONDA: LUNS 5 febreiro - 2 RONDA: XOVES 8 febreiro - 3 RONDA: LUNS 19 febreiro - 4 RONDA: XOVES 22 febreiro - 5 RONDA: LUNS 26 febreiro - 6 RONDA: XOVES 1 marzo - 7 RONDA: LUNS 5 marzo Unha vez rematadas as 7 rondas, os 4 mellores clasificados xogarán un playoff con semifinais e final, aínda sen data, pero previsiblemente á volta da Semana Santa.  E para remate haberá unha festa na que xogaremos con xadrecistas doutros institutos. E xa que estamos c

Preguntas para pensar, no segundo trimestre

Imagen
Comezamos o novo ano e, con el, o segundo trimestre con bo ánimo.  Agora imos facer noso por completo o lema das Bibliotecas escolares deste curso, Un lugar para pensar, e imos facelo a través de preguntas, quizais o signo máis distintivo da filosofía e do pensamento.  A modo de aperitivo, adiantamos que haberá cuestións como o por que da crueldade, que significa ser persoa, que implicacións ten a liberdade, existe unha única verdade... Moitas delas inspiradas na filosofía visual de wonderponder , na colección de Los pequeños platones e outra fontes que vos iremos indicando. Deixámosvos aquí o calendario de reunións proposto.  ----------------------------------------------------------------------- ----------------------------------------------------------------------------- ---------------------------------------------------------------------------------- Atréveste ti tamén a preguntar? ;)