Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2017

Women in art, with Benny

Imagen
O mércores 22 de marzo tivemos de novo a oportunidade dunha English session co lector Benny. Falounos de varias pintoras contemporáneas, encandrado así o seu discurso na temática deste ano no Club de lectura.  Guerrilla Girls Sorprendeunos contándonos de pintoras feministas, reivindicadoras de diferentes e transgresores modos do papel das mulleres na arte. En concreto, detívose nas Guerrilla Girls , Barbara Kruger e Judy  Chicago . Tedes a súa presentación no curso de biblioteca da Aula virtual.  Resultou moi interesante todo o que dixo, así como tamén as intervencións das e dos participantes.  De novo, quedáronnos ganas de máis...  

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Imagen
Seguimos en el Territorio das Artes de nuestro Club de Lectura (CL1 y CL2) con una nueva artista. Esta vez hemos leído las fotos de una fotógrafa española de renombre, la manchega Cristina García Rodero.  Gracias a que un día cogió la vieja cámara de su padre y fotografió a sus hermanos, ha llegado a convertirse en lo que actualmente es, una "lectora de la luz" de reconocimiento internacional. A lo largo de su carrera ha recibido, entre otros, el Premio Nacional de Fotografía (1996), la Medalla de Oro al Mérito de las  Bellas Artes (2005) y el World Press Photo (1993, 1997 y 2008).  En 2009 se convirtió en miembro de la importantísima Agencia Magnum , siendo la única fotógrafa de nacionalidad española. Descubrimos todo su admirable trabajo a través de sus exposiciones por el mundo. Su primer gran trabajo fue la España oculta (1989), un reportaje fotográfico documental realizado en diferentes pueblos de distintas regiones españolas en el que se adentra con el detallis

Manexemos a pena, con Elsa Veiga

Imagen
O venres finalizamos a semana coa visita da poeta Elsa Veiga , quen nos contou, recitou... e con quen charlamos afablemente da súa enfermidade, das mulleres, das vivencias, de Gloria Fuertes .  Foi moi estimulante escoitar a súa narración da superación da súa anorexia e outros malos momentos a través da lectura e a escritura.  Quedamos en repetir experiencia noutra ocasión. Ogallá cumpramos!     A profesora Fina Roca realizou a súa presentación   As fotos, como  case sempre, son da profesora Francisca;) 

Na casa de Emilia Pardo Bazán

Imagen
O xoves 23 de marzo visitamos a Casa de Emilia Pardo Bazán e a Real Academia Galega con parte do alumnado do Club de lectura (outra parte foise a outras visitas, foi un día moi movido no instituto). Moitos datos sobre vida e obra da complexa figura de Emilia Pardo Bazán, así como da historia da academia da nosa lingua e os seus principais valedores e valedoras.  Á entrada, na rúa Tabernas A vestimenta da época Escoitamos, logo de ler o conto de "Las medias rojas" O recibidor O salón, cos retratros de Emilia e as súas dúas fillas O escritorio Unha pequena mostra da súa colección de abanos A igrexa de Santiago vista desde a casa Esperemos que a curiosidade quedara tocada e vos animedes a mergullarvos na polifacética lectura de Emilia Pardo Bazán. 

Poesía en primavera

Imagen
«A poesía é unha ventá á diversidade excepcional da humanidade».  Irina Bokova, Directora Xeral de la UNESCO O día da poesía coincide co día do comezo da primavera, unha estación sempre chea de alegres promesas. Por iso, en Europa tamén se lle chama " a primavera dos poetas".  A diciren de moitos, alterámonos ao tempo que agroman plantas e medran animais. Coincide tamén co día da arbore e día internacional dos bosques . Sabedes que as orixes da poesía (do grego, póesis , producir, moldear) como expresión artísitica se remonta a Grecia; foi Platón o primeiro en falar da poesía como unha actividade creativa e Aristóteles reflexia profundamente sobre ela na súa obra Poética, obra só  conservada en parte. Nós imos celebrar o día cunha charla (outro día ;) coa poeta   Elsa Veiga   o próximo venres e tamén con algunhas actividades en torno a Gloria Fuertes , que este ano está de aniversario, pois hai cen anos que naceu.  Procuremos unha poética prim

Festa do xadrez

Imagen
O xoves 9 de marzo celebramos a FESTA DO XADREZ no noso centro tal e como estaba previsto * . Recibimos con gran ledicia ao alumnado (e profes acompañantes) do IES Parga Pondal que participou con nós ao longo de toda a mañá. Empezamos cunha charla co mestre internacinal de xadrez JACOBO CASELAS , quen rompeu o xeo cun interesante vídeo sobre o campeón mundial de xadrez, Magnus Carlsen , para logo comentar de modo distendido aspectos varios sobre a historia do xadrez, as anotacións, ensinarnos o sitio web lichess.org etc. Asombrámonos seguidamente coas partidas simultáneas con Jacobo que non sabemos de onde sacou enerxía e paciencia para enfrontarse a vintecatro xogadores e xogadoras. como podedes ver no vídeo, fíxose un silencio expectante (ao principio...)e empezou a acción. Un tempo para o descanso : E logo mini- torneo Lugrís-Parga , ou urbanos contra isidros ;)  Chegaron á final Hugo Costoya e Pedro Agrelo, un de cada centro. Foi difíci