Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

Concurso de letras e carátulas de Bob Dylan

Imagen
Para celebrar o premio Nóbel de Literatura concedido este ano a Bob Dylan a Biblioteca e varios departamentos (Lingua española, Lingua galega, Inglés, Música, Plástica, Filosofía) convocamos un concurso consistente en elixir unha canción , localizar a letra e traducila ao galego e/ou no deseño e realización dunha posible carátula de disco referida ao tema elixido. BASES DO CONCURSO:   Seleccionarase unha canción de Bob Dylan, traducirase a letra ao galego. E relacionando coa temática da letra, realizarase unha carátula ou portada do suposto disco da canción elixida.   Presentarase nunha cartolina preferiblemente de tamaño A4, co debuxo por un lado e a letra por detrás. Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización da carátula (cartolina, papel de cores, tixeiras...) e o profesorado dos departamentos colaboradores ofrecerá asesoramento a quen así o desexe.   O prazo de entrega remata o venres 11 de novembro . As carátulas e letras entr

UNOS CUENTOS ASOMBROSOS

Imagen
El pasado jueves 20 de octubre iniciamos la travesía literaria anual de nuestro segundo grupo del CLUB DE LECTURA (CL2). Y lo hicimos con uno de los libros de relatos más sorprendentes de Roald Dahl, Relatos escalofriantes. Un libro lleno de intriga y supense  con finales inesperados donde la ironía, el humor y la imaginación se dan la mano. Muchos de los textos están llenos de influencias de las conocidísimas novelas de novela negra y de suspense de los grandes creadores del género como Patricia Highsmith, Arthur Conan Doyle o Dashiell Hammett.     Después de hacer una introducción sobre la vida del autor y comentar brevemente sus obras más relevantes, nos introdujimos en la lectura del relato titulado "Galloping Foxley", cuyo el tema central está relacionado con el rígido sistema educativo inglés. En la próxima sesión debatiremos sobre el comportamiento de ciertos personajes y de la enseñanza en los países europeos. ¡Será muy interesante!

Día da biblioteca

Imagen
O luns 24 de outubro celébrase o día da biblioteca en lembranza da destrución da biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns. O único que imos facer para celebralo é colgar o simpático pregón  elaborado por Ledicia Costas   para este día. É unha  autora a quen moitos coñecedes grazas á súa Escarlatina, a cociñeira defunta e moitos outros libros.  Aproveito para lembrarvos que xa están en marcha todos os grupos do Club de lectura, todos con moito éxito e tamén que xa temos conta do Club en instagram  . E que de inmediato propoñémosvos un concurso sobre Bob Dylan.  Feliz día da Biblioteca! PREGÓN DE LEDICIA COSTAS   POLO   DÍA DA BIBLIOTECA 0 24 DE OUTUBRO    Un vagalume é unha illa perdida na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son caricias fosforescentes que ince

Contos en verso para... un club perverso?

Imagen
Primeira sesión do Club de lectura deste curso, realizada, no noso novo espazo! Estreamos cuarto para as reunións o pasado xoves 13 de outubro cando comezamos co CL1 (con bastantes novos participantes!) charlando sobre os Contos en verso para nenos perversos que propoñemos ler.  Tanto no CL1 como no CL2 imos estar este primeiro trimestre lendo e degustando a Roald Dahl , celebrando deste modo o que sería o 100 aniversario.  Nesta reunión organizámonos para lembrar os contos clásicos dos que parte Roald Dahl en próximas sesións, para logo captar mellor a imaxinación e humor que engade o autor. Entregamos un tríptico e un marcapáxinas para animar a lectura e o ambiente....     E o mesmo día que iniciamos, van os da Academia sueca e concédenlle o premio nóbel de literatura a Bob Dylan . Estamos de noraboa! A ver como o celebramos...

Achegándonos ao "Sundaché caló"

Imagen
A próxima semana comezamos coas reunións dos tres grupos do club de lectura. Si, tres. Ademais dos CL1 e o CL2 (por cursos), temos un novo grupo de lecturas sobre temática xitana, co que queremos aproximarnos ao " sundaché caló " (mundo xitano). Este grupo está dirixido pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Xulia Regueiro, e desenvolverase -na biblioteca- os martes a séptima hora, pola tarde. Empezamos lendo un conto titulado sobre un "Balichó"... Poñeremos a máxima ilusión para que funcione moi ben. Queda aquí un inspirador vídeo titulado "La Leonor real y otros niños reales" Tamén     #YoNoSoyTrapacero #YoNoSoyTrapacera, xa un clásico: Todas as ideas, suxestións e aportacións de calquera tipo para esta semente de grupo serán ben recibidas...