Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

Entre goles e brazadas

Imagen
O club xa vai navegando... No grupo 1 empezamos co fútbol... limos algo desordenadamente algúns textos do libro   366 historias del fútbol mundial que deberías saber , de Alfredo Relaño , un libro co que en breves capítulos podes enteirarte dun montón de curiosidades como cando se empezaron a poñer os números nas camisetas dos xogadores ou a sacar tarxetas vermellas e amarelas,  de que a película Evasión ou vitoria se inspirou nun partido real disputado entre prisioneiros de guerra ucranianos e nazis  ou de que un xornalista gaditano foi o inventor das tandas de penaltis.   Aínda continuaremos con algunha outra historia  de fútbol  e outros deportes.   E no grupo 2, o pasado mércores falouse sobre natación e outras profundidades. A maioría mesmo atreveuse a responder a pregunta "Por qué darías ti a vida?"... extraída da  novela gráfica El gusto del cloro , de Bastien Vivés, que están xa a ler enteira, mentres gozan das belas ilustracións que acompañan a trama.

Día da biblioteca no Lugrís

Imagen
Hoxe celebramos o día da biblioteca , deixando coloreados comentarios sobre o que significa para nós, e dedicándoo aos voluntarios que nos axudan nos recreos. Os do curso pasado recibiron, da Directora, o seu diploma oficial e para os deste curso temos chalecos distintivos para visualizalos mentres colaboran.  Grazas pola vosa participación e axuda.

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

Imagen
Poñemos en marcha o noso IV Concurso de microrrelatos de terror, e desta volta propoñemos unha mergulladura no imaxinario de monstros, cocóns,  monstros, cocóns, lobishomes, chuchasangues, quitamanteigas, homes ou mulleres do saco, trasnos, meigas e demais bichería do imaxinario tradicional galego. Poderá ser de moita axuda a visita á web de Galicia encantada BASES DO CONCURSO: Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés, e encadrarse dentro do xénero do terror. Os textos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. Deberán ter como protagonista ou personaxe secundario algunha figura de mitos e lendas galegos. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía, e si a mellor sintaxe posible. O prazo de entrega exténdese desde o martes 20 de outubro ao xoves 5 de novembro . Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso ou poden enviarse a l

Club de lectura en francés NOVIDADE!!!

Imagen
A partir do próximo mércores 21 de outubro comezaremos cun novo grupo do Club de lectura. Esta vez en francés, e adaptado a todos os niveis. Dirixiralo -como non!- a nosa profe de francés, Pilar López Díaz.  Tamén trataremos sobre os deportes,  e con novas perspectivos. A idea é ir lendo textos non demasiados extensos, pero "con miga".  Achegádevos o próximo mércores, e veredes cantas pequenas sorpresas nos esperan. E se queredes ir abrindo boca, podedes ler o divertido capítulo de Le petit Nicolas sobre football . À mercredi! Nous vous attendons dans la bibliothèque...          

Libros deportivos desde Os Rosales

Imagen
Prestados desde a Biblioteca Municipal de Os Rosales , dispoñemos na nosa dunha variada mostra de libros e algunha película en torno a múltiples deportes durante un ou dous meses. Hai libros técnicos e outros de ficción; tamén algunha película.  O deporte, como calquera ámbito da vida en que poidamos pensar, deu e dá lugar a obras literarias e non literarias das que podemos aprender un montón.  Esperamos ter acertado con algunha que vos poida interesar.  Ao tempo, a biblioteca do centro mercou algún libro e mercaremos algún máis.  Chamamos a atención sobre a novela gráfica El gusto del cloro , de Bastien Vivés (Francia, 1984), La Corredora , de Carrie Snyder , que nos conta a historia da corredora canadiana A ganetha, que foi medalla de ouro  en 1928, nos primeiros Xogos Olímpicos nos que as mulleres poideron participar en probas de longa distancia. Foi en Ámsterdam. Pero hai moito máis, sobre baloncesto, balonmán, fútbol ( of course :), baile, voleibol, running . .. e podem

Svetlana Alexievich, premio nóbel de literatura

Imagen
Acaba de ser anunciado o premio nóbel de literatura, para unha muller , Svetlana Alexievich , escritora e xornalista bielorrusa. Trátase dunha autora pouco coñecida e con moi pouca obra traducida ao español ou galego (esperemos que isto cambie en breve). Neste outono cóntase coa tradución de La guerra no tiene nombre de mujer . De momento, en español temos Voces de Chernóbil , que procuraremos mercar para a biblioteca, e do que podemos ler o primeiro capítulo . Dise dela que escribiu os libros máis impactantes e completos sobre a traxedia de Chernóbil , o desastre de Afganistán ( Zinky boys ) e arredor das consecuencias da Gran Guerra Patriótica na Unión Sovié tica. Ata o de agora só 13 mulleres conseguiran o premio nóbel de literatura en máis de cen anos (este galardón entrégase desde 1901). Alexieviche é a número catorce. A anterior escritora foi a canadiana Alice Munro hai dous anos. 

Henning Mankel

Imagen
Hoxe morreu o escritor Henning Mankel, novelista criminal sueco, do que temos varios libros na biblioteca.  É o creador do inspector Wallander , quen foi o protagonistas en once dos seus 40 libros publicados. Ao tempo de Mankel nos relata os seus policíacos casos vainos retratando de forma crítica a sociedade europea contemporánea.  Ademais, escribiu tamén teatro, obras para público infantil, etc. Vendeu máis de 40 millóns de exemplares da súa obra en todo o mundo... Pode ser unha boa ocasión para poñerse a lelo...