Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

Con Lucía Aldao e María Lado, no Elviña

Imagen
O pasado xoves 26 vivimos unha grata experiencia poética -e humorística- da man das poetas María Lado e Lucía Aldao .  Foi no IES de Elviña , onde xa imos sendo "antigos" coñecidos grazas a que a coordinadora do sue club de lectura, Puri, sempre se lembra de nós. Alí, estas poetas combinaron seriedade e intensidade literaria cun fino humor moi didáctico e ameno. Aprendimos a colocar o pronome átono en galego mentres escoitabamos cantar o coñecido tema de Rocío Jurado "Te amo" (mellor dito, Ámote), compuxemos conxuntamente un poema dadaísta bastante simpático, cantamos un pouquiniño coa axuda dun "karaoke analóxico", agasalláronnos cun poema para pedir perdón, co maduro título de "Cuqui" e soltamos unhas cantas gargalladas analizando sentenzas urbanas en forma de grafitis máis ou menos elaborados, como "Alex estubo (sic) aquí", "Clemente drogadito (sic)", "Aquí te puse los cuernos" e mesmo máis ideolóxicos

Premios de EXPRESarte II

Imagen
Recibimos un montón de amorosos caligramas e ben variados. Mirándoos, léndoos con calma, como podedes facer cando queirades, se pasades pola biblioteca, decidimos conceder os seguintes premios:  No nivel 1 (1º - 3º ESO e FPB ): Morelys de los Santos, de 1º ESO C (o mellor conxunto de texto e caligrama) Carlos Vélez Redondo, de 3º ESO B  (co texto máis surrealista) Devora Mishel Carrasco, de FPB Aloxamento e Lavandería (co texto máis amoroso) e Deyselle Sandes Gonzaga, de FPB Arranxos (co caligrama máis orixinal) No nivel 2 (4º ESO e Bacharelato):   David Docampo Segade, de 2º Bac B  (o máis entrañable, o mellor texto, o mellor caligrama) Marta Sandino Veiga, de 4º ESO (o máis estético) Yaiza Paz Ares, de 4º ESO (o máis simpático) Noraboa!!!

"Galicia móvese" poeticamente

Imagen
Na exposición de libros emprestados pola Biblioteca de Os Rosales , tivemos uns poucos que levaban a etiqueta " Galicia móvese " facendo referencia a un dos  blog desta biblioteca que leva ese título e que é moi interesante. Recoméndovos que vexades, por exemplo, o vídeo da poeta Yolanda Castaño , " A segunda lingua ", que tamén é o título do seu novo poemario. Ou tamén o booktrailer sobre o libro Raíz da fenda , da poeta intimista compostelá Berta Dávila . E moitos outros, que deixo que descubra a vosa propia curiosidade.

Concurso EXPRES-arte (2ª edición)

Imagen
Empezamos febreiro e neste mes desde a Biblioteca animámosvos a celebrar o AMOR E A AMIZADE a través de mensaxes ou textos con esta temática en forma de CALIGRAMA   escritos sobre un CORAZÓN de papel ou similar. BASES DO CONCURSO: Escribirase un texto ou mensaxe de amor e amizade sobre un   corazón de papel ou similar (máximo tamaño folio) , en forma de   caligrama . O caligrama e o texto deben ser inéditos   (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés. O caligrama pode ou non estar dirixido ou dedicado a alguén do Instituto. Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización do corazón a quen o desexe (cartulina, papel de cores, tixeiras...). Deberase procurar que non teña faltas de ortografía,  e que sexa o máis artístico, orixinal e emotivo posible O prazo de entrega remata   o venres 13 de febreiro . Os corazóns con caligrama entregaranse na biblioteca, co nome, apelidos e curso. O xurado estará conformado po