Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

Ata sempre, Gabo

Imagen
O pasado 17 de abril morreu o gran escritor Gabriel García Márquez (Aracataca, Colombia 1927 - México D.F. 2014). Na festa do libro, que celebramos este mércores 23 de abril, gustarianos rendirlle unha pequena homenaxe, lembrando algunha das súas máis coñecidas obras.  Particularmente eu asocio o seu nome a Cien años de soledad , a primeira obra que lin del aos meus 17 anos, despois de oír falar dela aos de Letras con certa reverencia (aínda que creo que ningún dos meus compañeiros e compañeiras o entendiamos demasiado ben, resultaba moi atractivo). Impresionoume iso que logo souben que se chamaba "o realismo máxico ": esa mestura de realidade e fantasía que transportaba a mundo absolutamente novidoso e sorprendente: caloroso, húmido e poboado de apaixoados personaxes nun pobo, Macondo, que se entrelazaban en oníricas relacións. Todo moi diferente da humidade fría e ventosa desde a que eu lía; se cadra por iso, me encandilaba tanto.  Deseguido, lin varios das súas ob

Exposición de cómics e de libros

Imagen
Preto da data do día do libro, temos na entrada do instituto unha exposición de cómics (entre eles algún manga que impresiona polo ben realizado que está)  de 1º da ESO, e outra máis de preferencias de libros de personaxes coñecidos no eido da cultura galega: "E ti que les?" Invitámosvos a que as observedes con calma. Aínda se deixarán durante un tempo.   E  aquí unhas cantas fotos da exposición que nos emprestaron do IES de Sabón:  Non esquezas que o próximo martes 29 de abril temos reunión do Club de lectura no recreo. Neste trimestre lemos MANGAS (e algo máis). Tamén te preguntaremos iso de... E ti, que les?

Un encendido debate

Imagen
O pasado mércores 9 de abril enfrontáronse dialecticamente un grupo de 4º ESO A (Ainhoa Carro, Aitor Montero, Lucía Blanco, Lucía Bouza e Sergio Esmorís) contra outro de 1º BAC A (Fatoumata Sarr, Andrea Barros, Roberto Bello e Nela Pérez ). A discusión xirou en torno a se a mocidade de hoxendía se implica ou non na sociedade. Ao grupo de 4º tocoulle defender a postura a favor e ao de 1º en contra. Ambos grupos argumentaron realmente ben, sobre todo tendo en conta que era a primeira experiencia de debate no insti.  O debate foi moderado e dirixido polo profesor Xosé Castro, coordinador de Dinamización Lingüística; como adestradores actuaron, Davide Loimil (1º Bac) e África López (4º ESO). O xurado, os profes Xulia e Roberto, deron como gañador ao grupo de 1º Bac, aínda que recoñeceron que ambos equipos estiveron moi igualados.  Xa temos ganas de repetir a experiencia!