Entradas

Mostrando entradas de enero, 2014

Xadrez + Poesía, dándonos alegría...

Imagen
A partir de mañá luns e ata o 27 de xaneiro, está aberto o prazo de inscrición no Campionato de Xadrez no Lugrís. coa colaboración dos profes Guillermo e Vicente (cando menos), trataremos de pasar bos anacos e aprender estratexias mentres xogamos ao xadrez nos recreos das próximas semanas.  Para irnos ambientando, ademais de recomendarvos que practiquedes xogando moitas partidas, recoméndovos a lectura de Novela de xadrez , de Stefan Zweig  (libro que coñecín grazas ao grupo que recibe clases de Literatura universal na biblioteca)  e invítovos a contemplar este cadro, " A partida de xadrez " da pintora renacentista  Sofonisba Anguissola . Por outra banda, xa levan uns días postos os carteis que anuncian a primeira reunión do Club de lectura deste 2014 acabado de iniciar, para o martes, 21 de xaneiro. Este trimestre dedicarémolo a poesía variada, tomando como punto de partida o poemario Nimbos , de Díaz Castro, e de aí pasaremos a outros e outras poetas, máis ou menos

Sensibilizándonos...

Imagen
Iniciamos o novo ano no IES cun par de actividades que nos fixeron meter na pel de quen ten algunha discapacidade e de quen sofre explotación para que uns poucos poidamos mercar moito e barato.  Explicámonos. O pasado martes 14 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da ESO participou na actividade Cara a cara coa vida . Trátase dun documental con ese título realizado por Alba Casas (que foi quen nos amosou o vídeo e logo charlou sobre como o fixo e sobre como lle cambiou a vida realizalo) en torno á vida cotiá dunha nena ferrolá (de Valdoviño) que naceu con fisura palatina e ten diversos problemas asociados.  Mércores e xoves desta mesma semana o alumnado de 2º ESO participaron no obradoiro do proxecto "Vaia tea!" sobre consumo responsable e comercio xusto. Trátase dun proxecto da ONGD Solidaridade internacional que procura facernos reflexionar sobre o que pode haber detrás dos produtos que mercarmos e do poder que podemos ter as persoas que consumimos.