Entradas

Mostrando entradas de 2012

Con Marco Polo, en tarde de martes

Imagen
Estreamos un novo uso da nosa biblioteca: xantar con bocatas mentres visionamos unha peli. Era un filme antigo -de 1938- en branco e negro sobre As aventuras de Marco Polo . Comentamos os decorados da época, os actores ( Gary Cooper , de actor principal), etc. Aprendimos cousas como que os espaguetis e os fogos artificiais foron traídos da China por Marco Polo, e, sobre todo, pasamos un anaco agradable, tanto profes (todo un éxito a este nivel...) como rapaces e rapazas (ben, pero aspiramos a mellorar en cantidade... que non cualidade). Para quen sigades co libro, pensade que a trama da película sería anterior ao que acontece en  O segredo de Marco Polo , ficcionado por Francisco Castro . Bo Nadal, e bo ano novo a tod@s...  Toca xa desconectar para volver con renovadas forzas e novos proxectos.

Gañadoras terroríficas (nivel 2)

Imagen
E  temos gañadoras (en plural) de entre os maiores do instituto. Nivel 2:  ANDREA BARROS BÓLICO, de 4º ESO A E  mención especial para: Lía Domínguez Fernández, tamén de 4º A.  Foi difícil a decisión, pois había moitos bos textos para elixir. Aquí tendes os seleccionados:  En primeiro lugar o de Andrea:  ¡Medianoche! Escuché aullidos de una bestia. Facciones grotescas y cuerpos deformados bailaban a la luz de la luna. Uno de ellos tenía las garras manchadas de sangre. Los campesinos, con amas improvisadas ¡me perseguían! No lo entendía, aquella multitud enfurecida quería matarme, ¿por qué? Corrí tan rápido como me lo permitió el cuerpo, entonces caí. Caí a las orillas del lago donde vi mi reflejo. ¡El reflejo de una bestia! Me di cuenta, ero yo quien aullaba a la luna. consciente de mi ser, nadé hasta el centro del lago para desparecer entre las aguas.  E agora o de Lía:  A medianoche, escuché unos aullidos, no era nada raro, tal día como hoy, el día de mi fin. Se notab

Gañadoras terroríficas (nivel 1)

Imagen
Xa temos gañadoras!! do I Concurso de microrrelatos de terror.  No nivel 1: SANDRA RODRÍGUEZ VILARELLE,  de 2º ESO B Aquí tedes o relato de Sandra: A MEDIANOCHE A medianoche escuché unos aullidos. En un principio, no les presté ni la menor atención, parecían tan lejanos... y además el fuerte viento que azotaba la zona nos agasajaba con múltiples sonidos, que en la profundidad de aquella oscura noche podían dar rienda suelta a la imaginación y claramente confundirme. Mientras tanto, Andrea dormitaba al ladito de la acogedora chimenea de piedra de la vieja cabaña, donde solíamos pasar algunos fines de semana de invierno, para olvidarnos un poco del estresante día a día de la ciudad. La cabaña estaba rodeada de un frondoso y hermoso bosque que invitaba, casi obstinadamente, al descanso y al deleite. ¡Todo parecía estar tan lejos! De nuevo, como salidos de la nada, volvía a escuchar los mismos aullidos, pero esta vez muy cercanos, y como un desgarro en la noche. Andre

Di non á violencia contra as mulleres

Imagen
Hoxe, 25 de novembro, celebramos o día contra a violencia de xénero (ou violencia machista, se preferides). E deberemos seguir lembrándoo con forza. As cifras de mulleres asasinadas e maltratadas seguen a ser escandalosas: - Entre 2003 e 2011 foron asasinadas 605 mulleres en España a mans das súas parellas ou exparellas. No 2012 levamos 47 mulleres mortas. No 2011 foron 66 as asasinadas. No 2010, 78. No 2009, 73... - Unha de cada tres mulleres asasinadas pola súa parella ten entre 15 e 29 anos. - No mundo, case a metade das mulleres que morren por homicidio foron asasinadas polos seus maridos, parellas ou exparellas; nalgúns países esta porcentaxe elévase ao 70%.  - Aínda que é difícil obter cifras exactas debido á falta de rexistros, segundo os datos dispoñibles, no mundo unha de cada catro mulleres será vítima de violencia sexula por parte da súa parella no curso da súa vida. A maioría das vítimas de agresións físicas vense sometidas a múltiples actos de violencia duran

Bram Stocker

Imagen
O doodle de hoxe en google estivo dedicado a Bram Stocker   (1847-1912) , coa intención de lembrar o 165º aniversario da publicación de Drácula .   Abraham [Bram] Stocker foi un escritor irlandés autor de grandes obras de terror. A máis nomeada das súas obras é Drácula , lendario vampiro baseado na personalidade histórica de Vlad Ţepeş, coñecido por Vlad Dacul, o Empalador. Esta obra foi adaptada moitas veces ao cine.  Unha das versións máis coñecidas é a dirixida por Francis Ford Coppola en  1992 e protagonizada por  Gary Oldman  y  Keanu Reeves . Déixovos aquí o trailer para metervos ganas. 

Concurso de microrrelatos de terror

Imagen
Temos en marcha o I Concurso de Microrrelatos de terror . Con imaxinación, tétrica a poder ser, bo facer e un pouco de inspiración esperamos que nos presentes na biblioteca un breve relato inédito (de 125 palabras como máximo) que se poida encadrar dentro da temática do terror. Ha de comezar dunha das dúas maneiras que che propoñemos:  - Unha noite de inverno, un viaxeiro chegaba polo outeiro... - A medianoite, escoitei uns ouveos... A data límite de entrega é o venres 9 de novembro. Agardamos polo teu terrorífico "textículo" con expectación.  Déixovos a continuación un microrrelato, de Fermín López Costero , por se vos serve de inspiración: Los aparecidos Con frecuencia, pero también cuando menos lo espero, se me aparecen mis padres. Tras el susto inicial, el miedo va dejando paso a un sentimiento de impotencia y de rabia, porque, por más empeño que pongo, nunca consigo comunicarme con ellos. Me gustaría decirles, sobre todo, que los echo mucho de menos, que m

A casa do propósito especial

Imagen
Tamén comezamos a nosa singradura cos maiores do insti, e facémolo cun libro de John Boyne (o autor de O neno do pixama de raias ): A casa do propósito especial . Unha obra que nos sitúa en dous escenarios alternativamente: por un lado, en Londres, cunha parella madura, e máis concretamente nos arredores da Biblioteca do British Museum, e doutra parte, en Rusia no tempo do último zar , cun campesiño que por azares da vida chega a vivir moi perto da familia do zar Nicolás II. É un relato cheo de intriga e segredos que se irán desvelando pouco a pouco. Espero que vos guste! 

O segredo de Marco Polo

Imagen
Estamos xa mergullándonos na lectura de O segredo de Marco Polo , de Francisco Castro . Un libro  co que coñeceremos un  pouco da Venecia do século XIII e da figura do aventureiro Marco Polo   co trasfondo dunha bela historia de amor. Os máis novos e novas do instituto amosáronse ilusionados e ben dispostos a embarcarse na lectura deste libro, que espero gocen  e lles pique a curiosidade para saber máis, e sobre todo para comentarnos o que queiran sobre o mesmo.   

Botamos a navegar

Imagen
Se che gusta ler e apetéceche compartir experiencias lectoras, ven a informarte á primeira reunión que terá lugar na biblioteca: - para 1º, 2º e 3º ESO o próximo mércores 17 de outubro, no recreo. - para 4º ESO, Bacharelato e Ciclos, o próximo martes 23 de outubro, no recreo. ¡¡ Atoparemos a forma de pasalo ben, con libros de fondo!!