Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

Persoas gañadoras do Concurso do día das mulleres

Imagen
No Concurso de letras-pistas do Día das mulleres resultaron gañadores:    Gabriel Alonso Rodríguez, 2º ARI   Rocío Gómez Llanos, 2º Bach  Daniel Irigoyen Mallo, 1º ARI   Pedro Reimúndez Martínez, 4º ESO  José Manuel Sanlés Vázquez, de 1º ARI Todos eles concursaron no nivel 2.  NORABOA!!! O nivel 1 quedou deserto.  Entre estes rapaces sortearemos o premio o próximo xoves 22 no recreo, na Biblioteca .  Moitas grazas pola vosa participación!!! Por certo, as solucións son as seguintes: 

Preguntas para pensar: a vida boa e as mulleres

Imagen
As anteriores sesións do Club de lectura (22 e 23 de febreiro) dedicámolas a pensar en torno a " En que consiste a vida boa? " e centrámonos especialmente nas figuras de Epicuro e de Marco Aurelio . A partir de citas de ambos, comentamos e fixémonos preguntas. A cada paso, agroman con máis fluidez.  Fixemos referencia aos libros de Maite Larrauri , " La amistad, según Epicuro ", El ejercicio, según Marco Aurelio ", ambos da colección de "Filosofía para profanos", moi amena e interesante.  A última sesión deste trimestre dedicámola a unha pensadora, neste caso Concepción Arenal , debido á cercanía co Día das mulleres . Recollimos citas de " La mujer del porvenir " e outras obras. En breve, diremos os resultados do Concurso de pistas-letras do Día das mulleres. 

Recta final do Torneo de xadrez

Imagen
O próximo luns 5 de marzo terá lugar a séptima e última ronda do torneo de xadrez, que se realizaron seguindo o sistema suizo.  Ao longo destas semanas, vivíronse bastantes recreos intensos.  Logo dos exames e das vacacións de Semana Santa, realizaremos unha semifinal e final  coas catro persoas participantes con maior puntuación. Será nos recreos do martes 17 de abril e mércores 18 de abril. E na semana seguinte, o mércores 25 de abril, terá lugar no noso centro a Festa do xadrez intercentros.