Visita ao Politécnico de Vigo

O pasado xoves 15 de febreiro retornamos das vacacións de entroido para irnos cara a Vigo. Acompañados por unha insistente chuvia que practicamente non nos abandonou en todo o día. Non nos quedou outra que poñerlle boa cara ao tempo :)

No centro de Vigo recibíronos co programa na Biblioteca. Alí contáronnos dous novidosos proxectos cos que están: o club de LGTBIQA plus (non sei se me faltará algunha letra...) que están traballando en todo o instituto e a través do contrato programa. Contáronnos algunhas das actividades coas que axudan a que as persoas de diferentes orientacións sexuais: lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais, queer, asexuais...) poidan sentirse cómodas, protexidas e sen medos aos prexuízos sociais que de cotío fan a vida máis difícil. 
Dannos a benvida o Director, o coordinador da Biblioteca e o Club de Lectura



Na biblioteca teñen 30.000 exemplares, e está moi actualizada.
O seu club de lectura, Temos moito conto, ten menos andadura que o noso, pero seguen medrando. 





Aquí xa empezou o "convivio"


A continuación, ensináronnos como están empezando a funcionar co seu Club de Ciencia, na ESO e  en Bacharelato, con robots, animacións, impresións en 3D...

Algúns dos rapaces do Club de ciencia

Xa cos robots...











O pergamiño Vindel xunto a obra de Lugrís
Logo de xantar na Facultade de Industriais, o plan de pasar un tempo na praia de Samil tivo que cambiarse por pasalo nun centro comercial, debido á intensidade da chuvia. Ás cinco estabamos xa no Museo do Mar, onde puidemos gozar dunha visita moi ben explicada a través da exposición do Pergamiño Vindel

Aquí non puidemos comezar con mellor pé, posto que o pergamiño coa notación musical das cantigas de amigo de Martín Códax está situado diante do cadro Paisaxe coas illas Cíes de Urbano Lugrís. 



A explicación do profesor Carlos foi excelente
 







Hai moitas máis historias e contos deste día de intercambio de clubs, pero terán que serán outras e outros contistas e narradoras quen continúen o relato...


As encantadas profes :)

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego