Concurso polo Día das mulleres

Para conmemorar o Día Internacional da muller, o próximo 8 de marzo, desde a Biblioteca convocamos un Concurso de Letras-pistas. 

As pistas quedan aquí a continuación e tamén están dispoñibles no apartado de Actividades no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro

As bases xerais son as seguintes e están máis especificadas nos arquivos de cada un dos niveis. 


Trátase de explorar e descubrir algo relacionado con mulleres interesantes, seguindo as pistas que aquí vos ofrecemos.

BASES:

- As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca:  lerunmardecontos@gmail.com
- No correo deberá constar:
                - O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.
                - A resposta solicitada.
- O prazo é ata o día 8 de marzo ás 12 da noite.

PREMIOS:
   - Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a
   - Un agasallo sorpresa.

- De haber empate o premio será adxudicado a sorteo.

Pistas do nivel 1 (1º-2º ESO-FPB)


Pistas do nivel 2 (3º -4º ESO, Bach, Ciclos)


Anímate!!!

Comentarios

  1. Paréceme moi interesante e desexo que teñades moito éxito na convoctoria.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Interesantísimo! Parabéns polo voso traballo! Seguro que nos serve de inspiración (se nos deixades, claro).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Para iso está. Fainos moita ilusión que podades reutilizalo, tunealo ou simplemente inspirarvos.

      Eliminar
  4. Ola, gústame a idea. Tentarei facer algo parecido para os nosos alumnos de primaria, xa que é o tema do proxecto deste curso. Parabéns!!

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas. Alégrame moito que vos poda servir de idea :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego