Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

Concurso polo Día das mulleres

Imagen
Para conmemorar o Día Internacional da muller, o próximo 8 de marzo, desde a Biblioteca convocamos un Concurso de Letras-pistas.  As pistas quedan aquí a continuación e tamén están dispoñibles no apartado de Actividades no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro .  As bases xerais son as seguintes e están máis especificadas nos arquivos de cada un dos niveis.  Trátase de explorar e descubrir algo relacionado con mulleres interesantes, seguindo as pistas que aquí vos ofrecemos. BASES: - As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca:   lerunmardecontos@gmail.com - No correo deberá constar:                 - O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.                 - A resposta solicitada. - O prazo é ata o día 8 de marzo ás 12 da noite. PREMIOS:     - Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a    - Un agasallo sorpresa. - De haber empate o premio será adxudicado a sorteo. Pistas do n

Visita ao Politécnico de Vigo

Imagen
O pasado xoves 15 de febreiro retornamos das vacacións de entroido para irnos cara a Vigo. Acompañados por unha insistente chuvia que practicamente non nos abandonou en todo o día. Non nos quedou outra que poñerlle boa cara ao tempo :) No centro de Vigo recibíronos co programa na Biblioteca. Alí contáronnos dous novidosos proxectos cos que están: o club de LGTBIQA plus (non sei se me faltará algunha letra...) que están traballando en todo o instituto e a través do contrato programa. Contáronnos algunhas das actividades coas que axudan a que as persoas de diferentes orientacións sexuais: lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais,  queer , asexuais...) poidan sentirse cómodas, protexidas e sen medos aos prexuízos sociais que de cotío fan a vida máis difícil.  D annos a benvida o Director, o coordinador da Biblioteca e o Club de Lectura Na biblioteca teñen 30.000 exemplares, e está moi actualizada. O seu club de lectura, Temos moito conto , ten menos andadura

Paxariñas por Sadako: Reto conseguido!!!

Imagen
Grazas á colaboración de múltiples hábiles mans, sobrepasamos amplamente as 356 paxariñas e grúas de papel que lle faltaron a Sadako Sasaki para acadar as mil figuras de papel coas que, segundo a lenda nipona, tería cumprido o seu desexo de sanar.  Para nós, foi un xesto pola paz e a non-violencia, unha forma de aprender maneiras de canalizar enerxías, de cultivar a paciencia, de traballar conxuntamente por un fin compartido. Foi toda unha experiencia de traballo colaborativo con moi variados equipos: para aprender e facer paxariñas e grúas, para montar chapas, e logo para contar as figuras, ensartalas, fixalas e colgar todo o feito. Participou moi activamente o profesorado do Departamento de matemáticas, en especial María Deive e de moitos outros, poñendo música e imaxes de fondo e contribuíndo coas paxariñas que se acababan de aprender a facer.  Grazas a todos eses grans de area de tantos e tantas aportáchedes !!! A gozar do  Entroido !

Empezamos: Primeira ronda de xadrez

Imagen
Xa está en marcha o torneo de xadrez.  Deixamos aquí os emparellamentos da primeira ronda e logo, como dixemos na reunión, irémolos poñendo na la Aula virtual do centro no curso de acceso libre de Biblioteca. 1 ALMONTE VICENTE, C - BARREIROS CAMISELLE, X  2 DÁVILA FIGUEIRAS, É - CARITA FLORES, R  3 CÉSPEDES THOLA, I -  FERREIRA CASSIANO SA., L  4 ANTELO GONZÁLEZ, E - MONTERO SÁNCHEZ, D  5 NAVEIRA GUIMAREY, S -  RAMOS MURAS, P  6 ÁLVAREZ OTERO, A- COUCEIRO SALIDO, R  7 ESCOBAR OCAMPO, L -  DANU, A  8 BELIZARIO MARTINS, R  -  CAMEÁN PIÑEIRO, Z  9 ROSÚA LÓPEZ, D - COARI BÁIZ, A  10 MATA SERRA, M - NAVEIRA GUIMAREY, M  11 LÓPEZ BERMÚDEZ, M - POSE ARANDA, M  12 RAMOS RODRÍGUEZ, M - PAZOS MIRÁS, U 13 CASTRO JOGLAR, A -  POSE RIAL, S  14 MONTEAGUDO LÓPEZ, B - PEGUERO SOLÍS, J 15 RODRÍGUEZ ESTÉVEZ, D - ARIFI AZLOU, M  16 SÁNCHEZ FERREIRA, D -  ZOUGATT, M  17 SANTOS FERNÁNDEZ, Á - MELLIZO ZARAMILLO, D  18 BETANCES KING, I - OUIJDANI SÁNCHEZ, N  19 CANARIO SOLÍS, A -  R

Por que a crueldade?

Imagen
Enlazando dalgunha maneira co Día da paz e non violencia  que estamos a conmemorar coa actividade das "Paxariñas pola paz",  na última sesión do Club de lectura (este pasado venres)  preguntámonos  pola crueldade, utilizando os materiais de filosofía visual para nenos de W onder Ponder . Xurdiron un montón de preguntas e reflexións como si estivésemos nun filocafé, pero sen café ;) Calquera pode ser vítima? Pode haber crueldade sen agresor? Pode haber crueldade con animais ou plantas? Cales son as motivacións das persoas que agreden? Que emocións senten as vítimas? E quen agrede? É a persoa agresora a única responsable? E se está actuando baixo as ordes doutras persoas?... E bastantes máis. O tempo, como sempre, non chegou a nada e quedou sen poñer un vídeo coa canción Natureza humana , de Michael Jackson , co que propoñíamos rematar. Aquí queda:  A sesión anterior dedicáramola a presentar a temática deste trimestre, PREGUNTAS PARA PENSAR, empezando por cavilar en