Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

Caligramas amorosos con premio

Imagen
Caligrama de Paula Grangel Desta volta o concurso de caligramas amorosos tivo moito seguimento, polo que a decisión a cales destacar foi ben difícil. A continuación indicamos, por categorías, todas as persoas premiadas.   EN GALEGO   - NIVEL 1 (1º e 2º ESO e FPB)  1º  premio: Marge Persi Soro (1º ESO B)  2º premio: Nerea Muñoz Gabarri (1º ESO C)  3º premio: Inés Edna Lopes Sanches (1º ESO B) - NIVEL 2 (3º e 4º ESO, Bacharelato)  1º  premio: Pablo Torres Vázquez e Iván Sandino Somoza (3º ESO)  2º premio: Alba Vázquez Botana e Lucía Seoane Sánchez (3º ESO)  3º premio: Miguel Pérez Redondo (3º ESO) EN CASTELÁN - NIVEL 1 (1º e 2º ESO e FPB)     1º  premio: Andrea Motataianu (1º FPB Aloxamento) Caligrama de Isabel Juncal     2º premio: Marcos Acosta Uzcategui (1º ESO A)     3º premio: Alejandro Ramírez (1º FPB Aloxamento) - NIVEL 2 (3º e 4º ESO, Bacharelato) a) De elaboración propia     1º  premio:   ISABEL JUNCAL ROMANÍ  (4º ESO A)     2º premio: P

Vicente Araguas e o poético mundo de Bob Dylan

Imagen
O alumnado de 2º Bach con Vicente Araguas e Fina Roca O pasado venres 17 de febreiro estivo con nós o escritor Vicente Araguas , que acaba de publicar El mundo poético de Bob Dylan . Con el aprendimos sobre a vida de Robert Allen Zimmerman (Bob Dylan ), escoitámolo e falamos distendidamente. Foi unha charla moi entrañable, presentada pola súa amiga e profesora Fina Roca, na que se fixeron moitas referencias aos anos 60, tanto de Dylan como do que pasaba en Galicia.  1º Bach e 4º ESO B, con Vicente Araguas  

Xa temos gañadores do Torneo de xadrez!

Imagen
Hugo Costoya, á esquerda, e Roque Couceiro Tamén o pasado venres 17 de febreiro, esta vez no recreo, tiveron lugar as partidas finais do torneo. Cristian Enjamio, á esquerda, e Xabier Barreiros Cristian Enjamio e Xabier Barreiros xogaron polo 3º e 4º postos. Gañou Cristian Enjamio.  E Hugo Costoya e Roque Couceiro enfrontáronse para loitar polo 1º e 2º posto.  E GAÑOU HUGO COSTOYA HURTADO DE MENDOZA (1º ESO A)   Noraboa a todos os participantes e, especialmente, ao gañador.  O próximo martes 21 no recreo o profesor Alfonso Iglesias dará unha charla-clase sobre xadrez no recreo (na aula 210). E temos que ir preparándonos para o xoves 9 de marzo , día en que recibiremos a visita dos participantes no torneo de xadrez do IES Parga Pondal , de Carballo. Nese día contaremos coa presenza do mestre internacional de xadrez Jacobo Caselas , quen charlará con nós, xogará un montón arredor de 20 partidas simultáneas e tamén faremos a entrega de premios.  Moitas grazas pola

Arranca o proxecto Pasaporte LUGRÍS

Imagen
Sabíades que no noso centro conviven máis de vinte culturas e nacionalidades diferentes? Somos un dos institutos con maior diversidade da cidade da Coruña e queremos convertilo nunha oportunidade para aprender os uns dos outros e viaxar sen movernos das aulas . Por iso, este curso presentamos un proxecto adicado á multiculturalidade na convocatoria dos Contrato-Programa e por cuarto ano consecutivo, recibimos o apoio da Consellería de Educación para poñelo en marcha. O obxectivo do proxecto, coordinado dende a biblioteca escolar, é organizar un evento adicado á diversidade cultural e á integración no que haxa teatro, danza, gastronomía, lingua... e por suposto, precisamos da vosa axuda. En primeiro lugar podedes cubrir esta enquisa , para que neste PASAPORTE LUGRÍS, esteades representados todos e todas. Despois, se queredes saber máis, estade atentos ós carteis que poremos na biblioteca anunciando as datas de reunión para repartirnos o traballo. Se vos interesa a actividade no

O reto de Frida Kahlo

Imagen
Velaquí os mellores resultados do reto plantexado no club de lectura animando a escribir un breve texto en torno a unha pintura de Frida Kahlo. Un reto superado con creces... En primeiro lugar, Gonzalo Conde Sánchez (2º Bach): La mesa herida   "A traición non se paga con vinganza, cóbrase con arte" En segundo lugar, Isabel Juncal (4º ESO A): Las dos Fridas "Agarradas de la mano, expresando su eterna unión; una es el recuerdo y otra su eterno dolor." Logo Josefina Domínguez (2º ESO A): La cama volante "La vida me sonrió, yo creí que lo hacía de buena fe, pero con el tiempo descubrí que esa sonrisa era maliciosa y lo que me intentaba decir era: 'A partir de ahora te haré sufrir'. ahora estoy aquí con todas las heridas del mundo, desgarrándome por dentro... y por fuera".  E, de entre os escollidos, o último é o de Andrea Motataianu (1º FPB): El corazón "Oh, vida tan bonita,  ¿p

Chegando á final de xadrez

Imagen
A final achégase e a afección ao xadrez segue en aumento.  Esta próxima semana entraremos xa na cuarta e penúltima volta. E o venres 17 teremos a final.  Se sodes de quen se anima, visita " El ajedrez poquito a poco ", que nos recomenda a profesora Beatriz Regueiro. Ten información e xogos para todos os niveis.  O torneo en máxima tensión Os profes tamén se animan Felices co bo ambiente que se respira no corredor!

Concurso de caligramas amorosos

Imagen
Este ano animámosvos a crear de novo unha imaxe con palabras, é dicir, un caligrama , ao estilo dos que facía o artista francés Guillaume Apollinaire . Deberá aludir ao AMOR en todas as súas dimensións: alegría sentida, tristeza pola perda ou separación, bágoas vertidas, cancións compartidas, tempo vivido... Os textos poderán escribirse en galego, castelán, inglés ou francés. Ofrecemos dúas opcións:           a)  E lixir un poema dun autor /a que vos guste e converter eses versos en imaxe caligramática.           b) Escribir o voso propio poema e convertelo en caligrama. O prazo de entrega será ata o 10 de febreiro na BIBLIOTECA ANÍMATE E PARTICIPA! O premio será moi artístico!

3ª volta de xadrez, xa en liguiña

Imagen
Seguimos xogando ao xadrez (dentro e fóra do torneo;) Logo de dúas eliminatorias, p asaron 9 persoas á terceira volta; agora van xogar todos contra todos nunha liguiña. Os xogadores son:  1   Roque Couceiro Salido,  2     Hugo Costoya Hurtado de Mendoza, 3   Ever Farit Saucedo, 4   Xabier Barreiros Camiselle, 5   Alex Santos Fernández, 6   Cristian Enjamio García, 7   Derek Martínez Martínez, 8   Raúl Beceiro González e 9 E dison Gabriel Dávila Figueiras. As partidas realizaranse da seguinte maneira:  Día: XOVES 2 de FEBREIRO Primeira quenda (11:15h) XOGADOR/A 1 XOGADOR/A 2 GAÑADOR/A 1 Roque Couceiro Salido 2 Hugo Costoya Hurtado de Mendoza * Partida posposta para o venres 3 de Febreiro 3 Ever Farit Saucedo 4 Xabier Barreiros Camiselle 5 Alex Santos Fernández 6 Cristian Enjamio García 7 Derek Martínez Martínez 8 Raúl Beceiro González Segunda quen