Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

Día da biblioteca, dedicado aos axudantes

Imagen
Desde o 24 de outubro de 1997 celébrase o  Día Internacional da Biblioteca , co obxectivo de conmemorar a destrución da Biblioteca de Saraxevo , incendiada en 1992 durante a guerra dos Balcáns .   Coas novas axudantes Nós dedicamos esta semana, en particular hoxe mércores 25, a celebrar o Día da Biblioteca escolar.  E centrámos sobre todo na figura de  axudante  de biblioteca, como unha forma de agradecer a súa colaboración clave para o bo funcionamento da nosa biblioteca .    Aproveitamos tamén para agradecer os poéticos barquiños de papel que nos fan navegar no noso particular mar de contos. E, con eles, por suposto, falamos da   Biblioteca lugar para pensar Animámovos a que leades a mensaxe de  Alejandro Palomas  para celebrar o día da Biblioteca deste ano. Leva o suxestivo título de "Como Mary Poppins, pero sen voar". E se aínda tedes máis ánimo para ler, quedan aquí os textos de Borges e Cortázar ( A bib

Cuestionando estereotipos

Imagen
No CL1 e CL2 esta semana pasada dedicámola a ler poemas de Carlos Negro , dos seus libros Makinaria , Penúltimas tendencias e Masculino singular . (Se pinchades nas obras escoitaredes a voz do poeta falando e recitando as súas poesías). Recitamos os seus poemas que, por suposto, nos levaron a cuestionarnos estereotipos masculinos e femininos. Recitamos, comentamos, cavilamos...  Deixamos aquí un vídeo-poema que ten como letra o poema "Just for men", de Masculino singular.  Non nos deu tempo na sesión, polo que podedes facelo agora.  E tamén esta semana comezou o CL3, o de cultura xitana. Comezamos co vídeo "A pregunta de Samuel", que por si só xustifica este grupo do club de lectura. Tamén aquí o que queremos é cuestionar estereotipos e prexuízos. A ver ata onde chegamos...

TERRORÍFICO CONCURSO

Imagen
Achégase o Samaín e retomamos o noso concurso de relatos terroríficos. Queremos comprobar a vosa capacidade para poñernos os pelos de punta rapidamente... Así que aquí vos quedan as bases para redactar os vosos microrrelatos, que nesta edición, como novidade, podedes ilustrar (por aquilo de que algunhas imaxes valen máis cunhas poucas palabras).  BASES DO CONCURSO: 1.     Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), e encadrarse dentro do xénero do terror. 2.   Os microrrelatos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. 3. O s microrrelatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés ou francés. 4. Os microrrelatos poderán estar acompañados ou non dunha ilustración. 5.   Debedes procurar que a redacción sexa fluída e non haxa faltas de ortografía. 6.   O prazo de entrega remata o venres 2 de novembro . 7.    Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso, ou poden enviarse a: lerunmardecontos@gmail

Y COMENZAMOS A PENSAR con Gloria Fuertes

Imagen
Nuestro CL inició su travesía anual hace unos días con un homenaje a la poeta Gloria Fuertes con motivo del centenario de su nacimiento. Y qué mejor comienzo que pensar a través de sus versos. Comentamos una breve selección de sus famosas y personales glorierías sobre temas tan universales como la paz, el amor, el valor del perdón, el conocimiento de uno mismo o la importancia de la solidaridad. La autora le dio este título como versión personal de las conocidas Greguerías de Ramón Gómez de la Serna , quien en 1954 envió a Gloria desde Buenos Aires una carta donde le aconseja que 'no se deje llevar más que por sí misma'. Después nos centramos en su poema " Geografía humana " para conocer mejor los entresijos del alma humana. Un profundo análisis prosopográfico y etopéyico de ella misma que podemos aplicar a cada uno de nosotros. Toda una declaración de derechos humanos lo que nos transmite esta gran poeta y excelente persona. Nuestro alumnado está

Kazuo Ishiguro, premio nóbel de literatura

Imagen
Xa temos desde hai uns días un novo Premio Nóbel de Literatura. Desta volta correspondeulle ao británico Kazuo Ishiguro . Quen é Kazuo Ishiguro? •       Nacido en Nagasaki (Xapón) en 1954,  trasladouse en 1960 a Inglaterra coa súa familia, cando lle ofreceron ao seu pai un posto como oceanógrafo en Surrey. •       Estudou inglés e filosofía na universidade de Kent e logo realizou un máster en escritura creativa na Universidad de East Anglia, onde os seus titores foron Malcolm Bradbury e Angela Carter. •       A súa tese converteuse na súa primeira novela, que foi aclamada pola crítica, "Pálida luz nas colinas". •       Ganou o Premio Booker en 1989 por O que queda do día , que foi convertida en película en 1993, dirixida por James Ivory e protagonizada por Anthony Hopkins e Emma Thompson. •       A súa última novela publicada é "O xigante enterrado", que saíu en 2015. O comité Nobel eloxiou este libro por explorar "como a memoria se relaciona