5 jun. 2017

Roteiro por "Pasaporte Lugrís"

O pasado xoves 1 de xuño realizamos, baixo a dirección de Cristina de la Torre, e co apoio da Biblioteca, unha xornada dedicada á interculturalidade. Mobilizouse a todo o alumnado de ESO e Bacharelato e a unha boa parte do de Ciclos, a tamén a bastante profesorado.
O instituto patas arriba durante as dúas horas en que os grupos (previamente organizados) ían pasando de media en media hora por catro das cinco estacións que estaban preparadas. Todo orientado a abrirnos cara culturas máis ou menos lonxanas, pero coas que convivimos día a día. 
Este día acompañaranos o equipo da UAMI, a Unidade de Apoio ás Migracións do Concello da Coruña, que integraron algunha das súas dinámicas no programa do día.

As paradas foron: 

1. ADN LUGRISIÁN. «Mergúllate nas raíces que compartimos»: Exposición de obxectos de diferentes culturas e actuación musical.

2. AL PAN, PAN. «Lava as mans antes de entrar»: Aprendimos a orixe dalgúns alimentos e amasamos masa para pan.

3. LOST IN TRANSLATION «A volta ao mundo conto a conto»: Construimos frases en diferentes idiomas e limos autores de todo o mundo 

4. CORRALÓN «E logo ti, de quen ves sendo?»: Pasapalabra, tabú e Kahoot sobre interculturalidade, adaptados polo alumnado de Valores, de 4º ESO. 

5. DANZA NA TRIBU «Ata o regueatton e máis aló!»: Exhibición de danzas do mundo interpretadas polo alumnado.

A intensa xornada desenvolveuse de forma bastante organizada, tendo en conta a cantidade de rapaces que formaron da organización e os que simplemente participaron das múltiples actividades. 

Deixo aquí algunhas fotos, pero tedes máis no álbum de fotos do facebook/BiblioLugrís



Xogando ao pasapalabra
Actuación musical co profe Pedro

Lecturas na biblioteca

Cristina de la Torre

xogando co kahoot


Amasando...

Bailando...

Tivemos pasaportes e selo
 
Quen quixo poido metamorfosearse con Lugrís;)

Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación!!!


Teremos máis na festa de fin de curso!



Equipo de danza con UAMI

Morelys presenta as danzas

No hay comentarios:

Publicar un comentario