Concurso de Carta a... Carlos Casares ou a Maruxa Mallo


Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas e o pasado Día das Artes Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu III Concurso de CARTAS A... CARLOS CASARES ou MARUXA MALLO co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor e esta pintora.

PARTIPANTES
Todo o alumnado matriculado no Centro.

TEMA E IDIOMA
O escritor Carlos Casares ou a pintora Maruxa Mallo.
Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao literato ou a pintora, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo...*
Ha de estar redactada en lingua galega.

MODO DE ENTREGA
As persoas participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com
FORMATO
A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola.

PRAZO
O prazo para participar finalizará o venres, 26 DE MAIO no recreo.

FALLO DO CONCURSO
O fallo do xurado anunciarase en torno ao venres, 9 de xuño, na Biblioteca do centro. Farase público a través do Club de Lectura e o facebook da Biblioteca.

PREMIOS
Estableceranse 6 premios, (tendo en conta o nivel do alumnado (1º ciclo ESO e FPB, 2º Ciclo ESO, Bacharelato e Ciclos).
Os autores das cartas ganadoras recibirán, ao final de curso, ademais do premio, un diploma. Todas as cartas seleccionadas serán publicadas no blog do Club de lectura do centro e expostas na biblioteca.



      *A Biblioteca e o profesorado de galego dispoñen de materiais bibliográficos sobre Carlos Casares e Maruxa Mallo para consulta.


Xa se nos fai longa a espera polas vosas misivas!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego