Pasaporte en marcha!


O proxecto Pasaporte Lugrís xa está en marcha e con moito sabor. Un equipo de arredor de máis de trinta persoas estamos traballando desde a biblioteca do centro en crear un relato multicultural sobre a diversidade que hai no instituto. Que diversidade? Pois a que arroxan os datos. Lembrades a enquisa que vos pedimos cubrir? Cubrírona máis de duascentas persoas e estes son algúns dos resultados:



Nesa enquisa case o 80% do alumnado aseguraba que se relaciona con xente doutra nacionalidade no instituto, máis do 50% teñen amigos dunha cultura diferente no barrio, e un 33% ten contacto con xente doutros países en Internet. 

Outros datos que nos chamaron a atención foron que o 30% do alumnado fala un idioma diferente ao español e o castelán, ou un porcentaxe similiar cambia de idioma segundo se dirixa ao profesorado ou aos amigos. Neste cadro podedes ver parte da información que recollimos e que estamos a empregar para o noso proxecto.

GASTRONOMÍA, A GRAN PROTAGONISTA

Entre todos os temas que estamos tratando neste proxecto o da gastronomía é sen dúbida a estrela. Os participantes están gravando a familiares cociñando pratos típicos da súa cultura e o primeiro que fixemos foi descubrir como prepara as filloas galegas a avoa de Sara :) e sobre todo, probalas no obradoiro!










Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego