29 abr. 2017

Derrubando muros con pintura en Carballo


Case todo 3º ESO co mural Carapuchiña feroz, de Susana Llorente e Carlos Fernández
Este pasado xoves 27 de abril devolvimos a visita ao IES Parga Pondal de Carballo (logo de que eles viñeran o 9 de marzo). Fixéronnos unha magnífica recepción cun chocolate e roscón, co que collimos forzas para percorrer a vila admirando os grandiosos murais que decoran os lugares máis variopintos. Dúas guías amosáronnos unha gran parte da iniciativa "Derrubando muros con pintura", un conxunto de murais de arte urbana que nos deixaron abraiados. A visita concluíu cun percorrido pola Biblioteca Rego da Balsa.

O mural de Dulk, o primeiro que vimos, no Fórum


Quedamos con ganas de volver por máis... 





Mural de Aryz

Mural tridimensional do portugués Bordalo II
Á entrada da Biblioteca

Empezando a mesturarse...

Mural de Paula Fraile


O mural de Sokram, no Pazo da Cultura
1º Bach e outros, tamén con Carapuchiña feroz

Moitas grazas ao profesorado e alumnado do IES Parga Pondal pola súa acollida e pola experiencia compartida!!!


26 abr. 2017

Descubrindo a Lita Cabellut

Sancho Panza
Don Quijote
O pasado xoves 20 de abril tivemos reunión conxunta dos dous grupos do club de lectura para falar sobre a artista Lita Cabellut. Unha asombrosa pintora, que por ser de orixe xitana, conecta coa parte do alumnado que tamén é xitano e coa breve celebración que acababamos de facer do Día do Pobo xitano. Por outra banda, a forza dos seus retratos de emblemáticos personaxes serviunos para facer un repaso dalgúns dos seus referentes culturais como Frida Kahlo (da que falamos hai pouco), Coco Chanel, Charles Chaplin, Einstein...  Por suposto, tamén Don Quijote e Sancho Panza (moi a conto xusto antes da celebración do día do libro), e o seu querido Camarón de la Isla.  


Camarón de la Isla
Na reunión levamos a voz cantante as dúas profes, Francisca e África, guiándonos pola presentación que realizamos e aquí vos deixamos.



Unha entrañable sesión, grazas á participación de todos e todas. 




Ata a próxima!








23 abr. 2017

DÍA DEL LIBRO

Lectura dramatizada del Quijote

El pasado viernes 21 de abril celebramos en la biblioteca el DÍA DEL LIBRO haciéndole un homenaje a Cervantes. Los alumnos del centro llevaron a cabo una lectura dramatizada de algunos episodios del Quijote. Para ambientar la novela comenzamos con la lectura del primer capítulo, nos trasladamos a episodios conocidos como el de los molinos, escuchamos el discurso feminista de la pastora Marcela y oímos los consejos que don Quijote dio a Sancho antes del gobierno de la prometida ínsula. Terminamos con la última escena de la novela, la enternecedora muerte de nuestro ingenioso hidalgo.


























                     ¡¡¡Gracias por vuestra participación a todos. Fue una agradable mañana!!!


                                 ¡SIGAMOS LEYENDO Y QUE VIVAN LOS LIBROS!

20 abr. 2017

Pasaporte en marcha!


O proxecto Pasaporte Lugrís xa está en marcha e con moito sabor. Un equipo de arredor de máis de trinta persoas estamos traballando desde a biblioteca do centro en crear un relato multicultural sobre a diversidade que hai no instituto. Que diversidade? Pois a que arroxan os datos. Lembrades a enquisa que vos pedimos cubrir? Cubrírona máis de duascentas persoas e estes son algúns dos resultados:



Nesa enquisa case o 80% do alumnado aseguraba que se relaciona con xente doutra nacionalidade no instituto, máis do 50% teñen amigos dunha cultura diferente no barrio, e un 33% ten contacto con xente doutros países en Internet. 

Outros datos que nos chamaron a atención foron que o 30% do alumnado fala un idioma diferente ao español e o castelán, ou un porcentaxe similiar cambia de idioma segundo se dirixa ao profesorado ou aos amigos. Neste cadro podedes ver parte da información que recollimos e que estamos a empregar para o noso proxecto.

GASTRONOMÍA, A GRAN PROTAGONISTA

Entre todos os temas que estamos tratando neste proxecto o da gastronomía é sen dúbida a estrela. Os participantes están gravando a familiares cociñando pratos típicos da súa cultura e o primeiro que fixemos foi descubrir como prepara as filloas galegas a avoa de Sara :) e sobre todo, probalas no obradoiro!










8 abr. 2017

Día do pobo xitano


O pasado 8 de abril celebrouse o día do pobo xitano.

O Día Internacional do Poblo Xitano  conmemórase o 8 de abril. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano. 

A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade.


No instituto recollimos e expuxemos algúns dos carteis da Fundación Secretariado Xitano facendo referencia a campañas divulgativas que intentan rachar con estereotipos contra este pobo que a miúdo proliferan. 
Tamén colgamos o Manifesto do Pobo Xitano, redactado por Manuel Rivas o ano pasado.


A campaña deste ano concéntrase no vídeo: La pregunta de Samuel. Hay preguntas que hacen historia


Outros vídeos moi recomendables son:
 -  #Telebasura no es realidad
- # Yo no soy trapacero
- # Prejuicios absurdos

Este ano, para a celebracion deste día, un grupo de rapaces xitanos foron recibidos polo Alcalde da cidade, Xulio Ferreiro. Unha das rapazas foi Nerea Muñoz, do noso centro (1º ESO C), falou no acto, polo que estamos especialmente orgullosos.  



Na próxima reunión do Club de lectura, este xoves 20 de abril, falaremos de Lita Cabellut, unha magnífica pintora de etnia xitana.