Arranca o proxecto Pasaporte LUGRÍS




Sabíades que no noso centro conviven máis de vinte culturas e nacionalidades diferentes? Somos un dos institutos con maior diversidade da cidade da Coruña e queremos convertilo nunha oportunidade para aprender os uns dos outros e viaxar sen movernos das aulas. Por iso, este curso presentamos un proxecto adicado á multiculturalidade na convocatoria dos Contrato-Programa e por cuarto ano consecutivo, recibimos o apoio da Consellería de Educación para poñelo en marcha.

O obxectivo do proxecto, coordinado dende a biblioteca escolar, é organizar un evento adicado á diversidade cultural e á integración no que haxa teatro, danza, gastronomía, lingua... e por suposto, precisamos da vosa axuda. En primeiro lugar podedes cubrir esta enquisa, para que neste PASAPORTE LUGRÍS, esteades representados todos e todas. Despois, se queredes saber máis, estade atentos ós carteis que poremos na biblioteca anunciando as datas de reunión para repartirnos o traballo. Se vos interesa a actividade non esquezades incluir unha forma de contacto e o voso nome ó final do formulario.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego