26 feb. 2017

Caligramas amorosos con premio

Caligrama de Paula Grangel
Desta volta o concurso de caligramas amorosos tivo moito seguimento, polo que a decisión a cales destacar foi ben difícil.
A continuación indicamos, por categorías, todas as persoas premiadas. 

EN GALEGO


 - NIVEL 1 (1º e 2º ESO e FPB)

 1º  premio: Marge Persi Soro (1º ESO B)
 2º premio: Nerea Muñoz Gabarri (1º ESO C)
 3º premio: Inés Edna Lopes Sanches (1º ESO B)

- NIVEL 2 (3º e 4º ESO, Bacharelato)

 1º  premio: Pablo Torres Vázquez e Iván Sandino Somoza (3º ESO)
 2º premio: Alba Vázquez Botana e Lucía Seoane Sánchez (3º ESO)
 3º premio: Miguel Pérez Redondo (3º ESO)

EN CASTELÁN

- NIVEL 1 (1º e 2º ESO e FPB)

    1º  premio: Andrea Motataianu (1º FPB Aloxamento)
Caligrama de Isabel Juncal

    2º premio: Marcos Acosta Uzcategui(1º ESO A)
    3º premio: Alejandro Ramírez (1º FPB Aloxamento)

- NIVEL 2 (3º e 4º ESO, Bacharelato)

a) De elaboración propia
    1º  premio: ISABEL JUNCAL ROMANÍ (4º ESO A)
    2º premio: PAULA GRANGEL PACÍN (4º ESO A)
    3º premio: Morelys de los Santos Urbano (3º ESO)
       Accésit: Jéssica Freire Ponte (2º Bach)
       Accésit: José Alejandro Fernández Rodríguez (3º ESO)

b) De autor recoñecido: 

    1º premio: Jose Expósito Otero (2º Bach)
    2º premio: Sara Quindimil Vázquez (2º Bach)


PLURILINGÜE:


   Uxía do Carme Regueira Bermúdez (2º ESO A) 

Grazas por participar! Noraboa!

21 feb. 2017

Vicente Araguas e o poético mundo de Bob Dylan

O alumnado de 2º Bach con Vicente Araguas e Fina Roca
O pasado venres 17 de febreiro estivo con nós o escritor Vicente Araguas, que acaba de publicar El mundo poético de Bob Dylan. Con el aprendimos sobre a vida de Robert Allen Zimmerman (Bob Dylan), escoitámolo e falamos distendidamente. Foi unha charla moi entrañable, presentada pola súa amiga e profesora Fina Roca, na que se fixeron moitas referencias aos anos 60, tanto de Dylan como do que pasaba en Galicia. 


1º Bach e 4º ESO B, con Vicente Araguas









 




19 feb. 2017

Xa temos gañadores do Torneo de xadrez!

Hugo Costoya, á esquerda, e Roque Couceiro
Tamén o pasado venres 17 de febreiro, esta vez no recreo, tiveron lugar as partidas finais do torneo.
Cristian Enjamio, á esquerda, e
Xabier Barreiros
Cristian Enjamio e Xabier Barreiros xogaron polo 3º e 4º postos. Gañou Cristian Enjamio. 
E Hugo Costoya e Roque Couceiro enfrontáronse para loitar polo 1º e 2º posto. E GAÑOU HUGO COSTOYA HURTADO DE MENDOZA (1º ESO A) 

Noraboa a todos os participantes e, especialmente, ao gañador. 

O próximo martes 21 no recreo o profesor Alfonso Iglesias dará unha charla-clase sobre xadrez no recreo (na aula 210). E temos que ir preparándonos para o xoves 9 de marzo, día en que recibiremos a visita dos participantes no torneo de xadrez do IES Parga Pondal, de Carballo. Nese día contaremos coa presenza do mestre internacional de xadrez Jacobo Caselas, quen charlará con nós, xogará un montón arredor de 20 partidas simultáneas e tamén faremos a entrega de premios. 

Moitas grazas polas xornadas vividas, ao alumnado e tamén ao profesorado que colaborou en todo o proceso :)













Agora, a esperar pola festa do xadrez, o 9 de marzo!!!

16 feb. 2017

Arranca o proxecto Pasaporte LUGRÍS




Sabíades que no noso centro conviven máis de vinte culturas e nacionalidades diferentes? Somos un dos institutos con maior diversidade da cidade da Coruña e queremos convertilo nunha oportunidade para aprender os uns dos outros e viaxar sen movernos das aulas. Por iso, este curso presentamos un proxecto adicado á multiculturalidade na convocatoria dos Contrato-Programa e por cuarto ano consecutivo, recibimos o apoio da Consellería de Educación para poñelo en marcha.

O obxectivo do proxecto, coordinado dende a biblioteca escolar, é organizar un evento adicado á diversidade cultural e á integración no que haxa teatro, danza, gastronomía, lingua... e por suposto, precisamos da vosa axuda. En primeiro lugar podedes cubrir esta enquisa, para que neste PASAPORTE LUGRÍS, esteades representados todos e todas. Despois, se queredes saber máis, estade atentos ós carteis que poremos na biblioteca anunciando as datas de reunión para repartirnos o traballo. Se vos interesa a actividade non esquezades incluir unha forma de contacto e o voso nome ó final do formulario.


11 feb. 2017

O reto de Frida Kahlo

Velaquí os mellores resultados do reto plantexado no club de lectura animando a escribir un breve texto en torno a unha pintura de Frida Kahlo. Un reto superado con creces...

En primeiro lugar, Gonzalo Conde Sánchez (2º Bach):


La mesa herida
 
"A traición non se paga con vinganza, cóbrase con arte"









En segundo lugar, Isabel Juncal (4º ESO A):


Las dos Fridas


"Agarradas de la mano, expresando su eterna unión; una es el recuerdo y otra su eterno dolor."









Logo Josefina Domínguez (2º ESO A):


La cama volante



"La vida me sonrió, yo creí que lo hacía de buena fe, pero con el tiempo descubrí que esa sonrisa era maliciosa y lo que me intentaba decir era: 'A partir de ahora te haré sufrir'. ahora estoy aquí con todas las heridas del mundo, desgarrándome por dentro... y por fuera". 




E, de entre os escollidos, o último é o de Andrea Motataianu (1º FPB):

El corazón

"Oh, vida tan bonita, 
¿por qué siempre tan cruel?
Tan pasajera como el tiempo
y, a veces, tan dulce como la miel.
Oh, amor, 
¿por qué tanta desesperación?
pues culpa alguna no cargo. 
Maldito amor amargo, 
lleno de sufrimiento y dolor, 
lleno de vida y rencor."


Todos eles recibirán un pequeno agasallo relacionado con Frida Kahlo...

 E  a próxima semana daremos un salto a Tamara de Lempicka

Chegando á final de xadrez

A final achégase e a afección ao xadrez segue en aumento. 
Esta próxima semana entraremos xa na cuarta e penúltima volta. E o venres 17 teremos a final. 

Se sodes de quen se anima, visita "El ajedrez poquito a poco", que nos recomenda a profesora Beatriz Regueiro. Ten información e xogos para todos os niveis. 




O torneo en máxima tensión


Os profes tamén se animan



Felices co bo ambiente que se respira no corredor!

3 feb. 2017

Concurso de caligramas amorosos

Resultado de imaxes para caligrama

Este ano animámosvos a crear de novo unha imaxe con palabras, é dicir, un caligrama, ao estilo dos que facía o artista francés Guillaume Apollinaire.

Deberá aludir ao AMOR en todas as súas dimensións: alegría sentida, tristeza pola perda ou separación, bágoas vertidas, cancións compartidas, tempo vivido...

Os textos poderán escribirse en galego, castelán, inglés ou francés.

Ofrecemos dúas opcións:
         a) Elixir un poema dun autor/a que vos guste e converter eses versos en imaxe caligramática.
          b) Escribir o voso propio poema e convertelo en caligrama.

O prazo de entrega será ata o 10 de febreiro
na BIBLIOTECA

ANÍMATE E PARTICIPA!


O premio será moi artístico!

1 feb. 2017

3ª volta de xadrez, xa en liguiña


Seguimos xogando ao xadrez (dentro e fóra do torneo;)

Logo de dúas eliminatorias, pasaron 9 persoas á terceira volta; agora van xogar todos contra todos nunha liguiña. Os xogadores son: 1 Roque Couceiro Salido, 2   Hugo Costoya Hurtado de Mendoza, 3 Ever Farit Saucedo, 4 Xabier Barreiros Camiselle, 5 Alex Santos Fernández, 6 Cristian Enjamio García, 7 Derek Martínez Martínez, 8 Raúl Beceiro González e 9 Edison Gabriel Dávila Figueiras.


As partidas realizaranse da seguinte maneira: 

Día: XOVES 2 de FEBREIRO
Primeira quenda (11:15h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
1
Roque Couceiro Salido
2
Hugo Costoya Hurtado de Mendoza
*Partida posposta para o venres 3 de Febreiro
3
Ever Farit Saucedo

4
Xabier Barreiros Camiselle


5
Alex Santos Fernández

6
Cristian Enjamio García

7
Derek Martínez Martínez
8
Raúl Beceiro González


Segunda quenda (11:30h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
8
Raúl Beceiro González
9
Edison Gabriel Dávila Figueiras

2
Hugo Costoya Hurtado de Mendoza
3
Ever Farit Saucedo


4
Xabier Barreiros Camiselle

5
Alex Santos Fernández

6
Cristian Enjamio García
7
Derek Martínez Martínez




Día: LUNS 6 de FEBREIRO
Primeira quenda (11:15h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
9
Edison Gabriel Dávila Figueiras
1
Roque Couceiro Salido

2
Hugo Costoya Hurtado de Mendoza
4
Xabier Barreiros Camiselle

3
Ever Farit Saucedo

6
Cristian Enjamio García

5
Alex Santos Fernández
7
Derek Martínez Martínez


Segunda quenda (11:30h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
6
Cristian Enjamio García
9
Edison Gabriel Dávila Figueiras

1
Roque Couceiro Salido
3
Ever Farit Saucedo


4
Xabier Barreiros Camiselle
7
Derek Martínez Martínez

8
Raúl Beceiro González
5
Alex Santos Fernández



Día: MARTES 7 de FEBREIRO
Primeira quenda (11:15h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
1
Roque Couceiro Salido
8
Raúl Beceiro González

2
Hugo Costoya Hurtado de Mendoza
9
Edison Gabriel Dávila Figueiras

3
Ever Farit Saucedo
5
Alex Santos Fernández

4
Xabier Barreiros Camiselle
6
Cristian Enjamio García


Segunda quenda (11:30h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
5
Alex Santos Fernández
1
Roque Couceiro Salido

6
Cristian Enjamio García
2
Hugo Costoya Hurtado de Mendoza

8
Raúl Beceiro González
4
Xabier Barreiros Camiselle

9
Edison Gabriel Dávila Figueiras
7
Derek Martínez Martínez




Día: MÉRCORES 8 de FEBREIRO
Primeira quenda (11:15h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
1
Roque Couceiro Salido
4
Xabier Barreiros Camiselle

2
Hugo Costoya Hurtado de Mendoza
8
Raúl Beceiro González

3
Ever Farit Saucedo
7
Derek Martínez Martínez

5
Alex Santos Fernández
9
Edison Gabriel Dávila Figueiras


Segunda quenda (11:30h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
7
Derek Martínez Martínez
1
Roque Couceiro Salido

2
Hugo Costoya Hurtado de Mendoza
5
Alex Santos Fernández

9
Edison Gabriel Dávila Figueiras
3
Ever Farit Saucedo

8
Raúl Beceiro González
6
Cristian Enjamio García




Día: XOVES 9 de FEBREIRO
Primeira quenda (11:15h)
XOGADOR/A 1
XOGADOR/A 2
GAÑADOR/A
6
Cristian Enjamio García
1
Roque Couceiro Salido

7
Derek Martínez Martínez
2
Hugo Costoya Hurtado de Mendoza

8
Raúl Beceiro González
3
Ever Farit Saucedo

4
Xabier Barreiros Camiselle

9
Edison Gabriel Dávila Figueiras



A cada paso, máis emocionante...!