Entradas

Mostrando entradas de junio, 2016

Cartas a Manuel María premiadas

http://issuu.com/bibliolugris/docs/cartas_a_manuel_mar__a_premiadas

Para ler no verán...

Chega o verán, tempo de lecer, tamén tempo para ler... o que máis nos guste. Aquí quédanvos algunhas suxestións:

Toca avaliarnos... nova enquisa

Imagen
Xa desde hai un tempiño temos no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro unha enquisa sobre o grao de satisfacción no uso da biblioteca. Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos desen a súa opinión.  Tedes que entrar -mellor coa vosa clave- e responder a unhas poucas preguntas. Leva arredor de 5 minutos e para nós é unha gran axuda de cara á orientación da priorización das futuras liñas de accións.  Grazas!!!

A nosa correspondencia con Manuel María (os premios)

Imagen
  Tendo como remitente o IES Urbano Lugrís, varias misivas chegaron ás nosas mans. Todas teñen como destinatario ao poeta Manuel María.  As que nos pareceron mellores e, polo tanto, queremos premiar son as de:  Nivel Bacharelato:  1º premio: Sara Quindimil Vázquez   2º premio: Andrea Vázquez Ares   3º premio: Alejandro Martínez Campos  Nivel de Ciclos:  1º premio: Alba Concheiro Villar (1º FPB)  Cremos que a Manuel María lle terían compracido enormemente!!! Entregaremos os premios esta semana e os diplomas na festa de fin de curso. E tamén as publicaremos aquí mesmo...  

Aquí están os monólogos "quijotescos":

URUEÑA (Villa del libro): un viaje didáctico y emotivo

Imagen
                       Como premio a un año de trabajo, el Club de Lectura se adentró a mediados de mayo en la Villa del Libro, un pueblo vallisoletano lleno de historia medieval y de entrañables museos y parajes. Todos disfrutamos de unos maravillosos días en los que el aprendizaje y el compañerismo brillaron enteramente. Así nos lo manifiestan ellos, con este recorrido sentimental y filosófico. Dejémonos llevar por las palabras de Gonzalo y de Nora y por  algunas imágenes que confirman la entrañable aventura. DIARIO DUN LUGRISIÁN EN URUEÑA  Somos persoas con 5 sentidos inconscientes da realidade. Ata que non a podemos sentir por riba deses sentidos, non sabemos nada. Nin sequera de nós mesmos. Por iso viaxamos. Precisamos ver, escoitar, ulir, tocar e saborear todo aquilo que descoñecemos. Precisamos ata afastarnos do lugar ao que pertencemos para descubrir quen somos en verdade. Existen dous tipos de viaxes: Aquelas que emprendemos sós e aquelas que emprendemos sós con