Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

Sufraxistas, grazas pola loita

Imagen
A Biblioteca e o departamento de Filosofía decidimos celebrar este ano o día da muller traballadora lembrando ás sufraxistas de principios do século XX, especialmente ás inglesas. Co impulso dado pola película Sufragistas , recompilamos algúns documentos da época: postais defendendo a súa posición e crueis caricaturas que reflicten os prexuízos do momento (moitos dos cales seguimos percibindo menos explicitamente na actualidade).   Ademais, o alumnado de Valores éticos de 3º ESO elaborou unhas interesantes siluetas nas que presenta a algunhas  mulleres loitadoras, que todos deberiamos coñecer.  Para que non pasemos de longo pola exposición, temos uns cuestionarios para comprobar que somos capaces de observar e atopar os principais datos sobre estas figuras de muller e dar a nosa opinión sobre as postais e caricaturas.  No curso de Biblioteca da Aula Virtual, está o material da exposición en pdf e tamén o cuestionario.  Xa son moitas as persoas que viron a expos

Entrega de premios Expres-arte

Imagen
O pasado luns 14 de marzo entregamos na Biblioteca os premios aos mellores corazóns , cheos de poesía en forma de centón.  Os premios desta 3ª edición de EXPRES-arte foron para:  NIVEL 1:  - 1º premio: Ainara Calvo (1º ESO A)  - 2º premio: Lucía Seoane (2º ESO A) - 3º premio: Paula Parga (1º ESO A) NIVEL 2:  - 1º premio: Daniel Varela (4º ESO)   - 2º premio compartido: Marta Areosa (2º FPB Lav.) - 2º premio compartido: Raquel Serrano (2º FPB Lav.) Noraboa a todas e todos!