Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

Recital no día de Rosalía

Imagen
No día de Rosalía , o 24 de febreiro, celebramos a súa figura cun recital de poesía e música no salón de actos.  A poesía de Rosalía amosa sufrimento, emoción e... tamén o difícil que foi a súa vida hai máis de un século.                                 I Daquelas que cantan ás pombas i ás frores todos din que teñen alma de muller; pois eu que non as canto, Virxe da Paloma, ¡Ai!, ¿de qué a teréi? II Ben sei que non hai nada novo embaixo do ceo, que antes outros pensaron as cousas que hora eu penso. E ben, ¿para qué escribo? E ben, porque así semos, relox que repetimos eternamente o mesmo. Grazas aos profes Xulia e Pedro por esta iniciativa! E, sobre todo a quen recitáchedes e nos puxestes música! Tedes algunhas fotos máis no facebook da biblioteca , todas feitas pola profesora Francisca. 

De charla con Riveiro Coello

Imagen
O pasado mércores 3 febreiro gozamos duns entrañables momentos con Antón Riveiro Coello , nos que realizou un simpático percorrido por algunhas das súas andanzas autobiográficas, desde o seu nacemento como un neno enorme, en Xinzo da Limia, pasando por unha infancia chea de motes, unha adolescencia e xuventude moi musical, formando parte de Sacho , un grupo de rock duro; logo os comezos como escritor de relatos, os tempos de peregrinaxes en busca -e obtención- de premios literarios por toda a península; a época de pai, e xa de escritor case nunca a xornada completa, pero xa con editorial fixa -Galaxia- e con certo recoñecemento. Quixo amosársenos como "unha persoa normal", lonxe do aura do "escritor". Non obstante, revelounos que para ser escritor hai que "ter ollada", ademais de traballar moito.  Antón houbo de responder a varias e variadas preguntas que contribuíron a enriquecer a súa charla, desvelándonos pormenores do personaxe do Lambeconas en As r

Expres-arte 3, celebrando o amor e a amizade

Imagen
Achégase o día de San Valentín, dos namorados, ou do amor e a amizade, como queirades chamalo. Temos en marcha unha nova edición do concurso EXPRES-ARTE . Como nas edicións anteriores, seguimos propoñéndovos que escribades sobre un soporte en forma de corazón, e de xeito poético, mais desta volta queremos que probedes a compoñer un Centón ,   algo así como case-esquecernos do copy-right , permitíndonos tomar versos de aquí, de alá e da propia colleita, para finalmente producir algo novo. En difinición da wikipedia, o centón " é unha obra literaria composta utilizando versos  ou fragmentos tirados de obras de un ou varios autores.  Provén do grego   κέντρων: capa ou camisa formada por retazos ou cachos remendóns doutras desbotadas de distinta procedencia. Ten finalidade paródica   ou de homenaxe ao autor ou autores en que se basa. O s centóns foron frecuentes na literatura grega e latina tardías". Pero podedes ver outras explicacións pola rede . Aquí tedes as BASES