23 dic. 2016

Boas lecturas de Nadal

Desde a biblioteca, queremos felicitar este Nadal da mellor forma que sabemos: falando de libros e películas. Aquí deixámosvos algunhas suxestións xunto cos nosos mellores desexos para as festas e para o novo ano que se achega. 







22 dic. 2016

Premios para empezar a celebrar



Nas vésperas das vacacións de Nadal, entregramos os premios dos concursos da biblioteca (e os departamentos colaboradores) celebrados neste primeiro trimestre: o de Bob Dylan e o dos chíos contra a violencia machista.
O ambiente xa era relaxado e festivo. Exames rematados, boletíns de notas aínda por chegar... Celebramos!!!

Aquí temos a algúns dos gañadores do concurso contra a violencia machista: 

Nerea e Pablo, acompañados de
Susana (a directora) e África
E aquí todas as persoas gañadoras do concurso sobre Bob Dylan: 



Lara

Jose


Andrea

Marta


Mario


Noraboa a todos e todas!!!

15 dic. 2016

In honnour of Roald Dahl




Como fin de trimestre, onte mércores tivemos a nosa primeira (e esperemos que non última) sesión do club de lectura en inglés. Por suposto, grazas ao lector do centro, Benny. 
Non cabiamos no cuarto do club de lectura, todo o mundo coa atención concentrada, para non perderse... 

A reunión dedicouse a Fantastic Mr. Fox. Quen queira continuar, aconsellamos ver a película, mellor en versión orixinal (con subtítulos, se é preciso).

Fican aquí unhas magníficas fotos (realizadas por Francisca): 


 



Esperamos ter máis English sessions!





12 dic. 2016

Entrañable Hércules no Conto Contos

De esquerda a dereta e de arriba a abaixo:
Jéssica, Tamara, Romina, Abril, Carmen, Noelia, Morelys,
Miguel, Rafael, Nerea, Jonathan, María, Monique, Francisca e África
E despois da preparación, a acción. O venres 9 de decembro trece "actrices e actores" (de 1º da ESO a 2º Bacharelato) coas dúas profes e o lector de inglés Benny, cruzamos a ponte peonil para achegarnos cos nosos bártulos ao CEIP Cornide Saavedra. 
Alí esperábanos con ilusión a rapazada do cole. Como estaba previsto (incluidos os pequenos imprevistos) fixemos lecturas dramatizada de Hércules e Crunia e Los doce trabajos de Hércules. 

Aquí quedan algunhas fotos para a lembranza:

Con Marisol, a "anfitriona" do CEIP Cornide


Crunia e Hércules (ou sexa, Tamara e Noelia)


Rafael Jiménez


Jéssica Freire (de narradora)

Jonathan, Nerea e Monique


Monique, narradora




Con Benny e o rato, mascota da Biblioteca do Cornide

O público

Unha gozada! A ver se este curso logramos organizarnos para que nos devolvan
 a visita en maio!


4 dic. 2016

Preparándonos para o Conto contos

Jésica Freire
Como xa vén sendo tradición por estas datas, estamos a prepararnos para ir contar algún contos aos cativos e cativas veciñas, do CEIP Cornide Saavedra
Grazas á iniciativa de Jésica Freire, María Rodríguez e Monique Miranda, alumnas de 2º de Bacharelato, levamos reuníndonos varios xoves para ensaiar a lectura e escenificación de dous contos: un en castelán, sobre os 12 traballos de Hércules e outro en galego "Hércules e Crunia". 
Están sendo uns xoves moi intensos, creativos e divertidos. Esta semana que entra a reunión terá que ser en mércores porque o venres 9 será a "actuación" no Cole. 

Moitas grazas polo entusiasmo a todas e todos os participantes!!!



 

 Repetiremos experiencia!