24 oct. 2016

Concurso de letras e carátulas de Bob Dylan


Para celebrar o premio Nóbel de Literatura concedido este ano a Bob Dylan a Biblioteca e varios departamentos (Lingua española, Lingua galega, Inglés, Música, Plástica, Filosofía) convocamos un concurso consistente en elixir unha canción, localizar a letra e traducila ao galego e/ou no deseño e realización dunha posible carátula de disco referida ao tema elixido.
BASES DO CONCURSO:
  •  Seleccionarase unha canción de Bob Dylan, traducirase a letra ao galego. E relacionando coa temática da letra, realizarase unha carátula ou portada do suposto disco da canción elixida.
  •  Presentarase nunha cartolina preferiblemente de tamaño A4, co debuxo por un lado e a letra por detrás. Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización da carátula (cartolina, papel de cores, tixeiras...) e o profesorado dos departamentos colaboradores ofrecerá asesoramento a quen así o desexe.
  •  O prazo de entrega remata o venres 11 de novembro.
  • As carátulas e letras entregaranse na biblioteca, co nome, apelidos e curso.
  • O xurado estará conformado polo profesorado do grupo de biblioteca e dos departamentos implicados e algún representante do alumnado.
  • Haberá premios por niveis.


Anímate!!!

23 oct. 2016

UNOS CUENTOS ASOMBROSOS

El pasado jueves 20 de octubre iniciamos la travesía literaria anual de nuestro segundo grupo del CLUB DE LECTURA (CL2). Y lo hicimos con uno de los libros de relatos más sorprendentes de Roald Dahl, Relatos escalofriantes. Un libro lleno de intriga y supense  con finales inesperados donde la ironía, el humor y la imaginación se dan la mano. Muchos de los textos están llenos de influencias de las conocidísimas novelas de novela negra y de suspense de los grandes creadores del género como Patricia Highsmith, Arthur Conan Doyle o Dashiell Hammett.  
 

Después de hacer una introducción sobre la vida del autor y comentar brevemente sus obras más relevantes, nos introdujimos en la lectura del relato titulado "Galloping Foxley", cuyo el tema central está relacionado con el rígido sistema educativo inglés. En la próxima sesión debatiremos sobre el comportamiento de ciertos personajes y de la enseñanza en los países europeos.
¡Será muy interesante!

Día da biblioteca



O luns 24 de outubro celébrase o día da biblioteca en lembranza da destrución da biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns. O único que imos facer para celebralo é colgar o simpático pregón  elaborado por Ledicia Costas para este día. É unha autora a quen moitos coñecedes grazas á súa Escarlatina, a cociñeira defunta e moitos outros libros. 

Aproveito para lembrarvos que xa están en marcha todos os grupos do Club de lectura, todos con moito éxito e tamén que xa temos conta do Club en instagram . E que de inmediato propoñémosvos un concurso sobre Bob Dylan. 


Feliz día da Biblioteca!


PREGÓN DE LEDICIA COSTAS 
POLO
 DÍA DA BIBLIOTECA

0 24 DE OUTUBRO

   Un vagalume é unha illa perdida na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son caricias fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar a súa cor vermella brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca.

   Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un ousado, unha excéntrica descontrolada. Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista como as que locen as cacatúas sería un peiteado moi interesante para un escritor. Só as mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Pero para custodialas non é suficiente con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros millométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que parecía imposible acceder. A continuación, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Parecen seres humanos, pero a pouco que lles observes percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me enfeitiza dos bibliotecarios é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza repleta de plans fantásticos.


    Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:


-Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?


    Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo ambas fariamos ruído ao tragar. Soaría algo parecido a glup glup glup. E antes de que nos dese tempo de romper a rir de forma desenfreada, aparecería o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse diante de ti no momento máis inoportuno, e advertiríanos de que as bibliotecas non son tabernas. Hai que recoñecer que son únicos custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que cousa tan extraordinaria. Feliz Día da Biblioteca!



15 oct. 2016

Contos en verso para... un club perverso?


Primeira sesión do Club de lectura deste curso, realizada, no noso novo espazo! Estreamos cuarto para as reunións o pasado xoves 13 de outubro cando comezamos co CL1 (con bastantes novos participantes!) charlando sobre os Contos en verso para nenos perversos que propoñemos ler. 

Tanto no CL1 como no CL2 imos estar este primeiro trimestre lendo e degustando a Roald Dahl, celebrando deste modo o que sería o 100 aniversario. 

Nesta reunión organizámonos para lembrar os contos clásicos dos que parte Roald Dahl en próximas sesións, para logo captar mellor a imaxinación e humor que engade o autor. Entregamos un tríptico e un marcapáxinas para animar a lectura e o ambiente....





 






 E o mesmo día que iniciamos, van os da Academia sueca e concédenlle o premio nóbel de literatura a Bob Dylan. Estamos de noraboa! A ver como o celebramos...






8 oct. 2016

Achegándonos ao "Sundaché caló"

A próxima semana comezamos coas reunións dos tres grupos do club de lectura. Si, tres. Ademais dos CL1 e o CL2 (por cursos), temos un novo grupo de lecturas sobre temática xitana, co que queremos aproximarnos ao "sundaché caló" (mundo xitano).

Este grupo está dirixido pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Xulia Regueiro, e desenvolverase -na biblioteca- os martes a séptima hora, pola tarde. Empezamos lendo un conto titulado sobre un "Balichó"...

Poñeremos a máxima ilusión para que funcione moi ben. Queda aquí un inspirador vídeo titulado "La Leonor real y otros niños reales"




Tamén   #YoNoSoyTrapacero #YoNoSoyTrapacera, xa un clásico:



Todas as ideas, suxestións e aportacións de calquera tipo para esta semente de grupo serán ben recibidas...