17 sept. 2016

Libros voadores, para o comezo de curso

Empezamos o curso cun magnífico conto que aquí vos amosamos: "Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore"




Cal é o teu libro voador, ése no que te metiches e gozaches sen ter conta do paso do tempo?

En breve, convocaremos reunión do Club de lectura. Estamos cheas de ideas e proxectos; só faltades vós para facelos aterrar... nun novo e máxico lugar, onde charlar, ler e argallar fantásticos plans :)