18 jun. 2016

Para ler no verán...

Chega o verán, tempo de lecer, tamén tempo para ler... o que máis nos guste. Aquí quédanvos algunhas suxestións:

13 jun. 2016

Toca avaliarnos... nova enquisa



Xa desde hai un tempiño temos no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro unha enquisa sobre o grao de satisfacción no uso da biblioteca.

Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos desen a súa opinión. 

Tedes que entrar -mellor coa vosa clave- e responder a unhas poucas preguntas. Leva arredor de 5 minutos e para nós é unha gran axuda de cara á orientación da priorización das futuras liñas de accións. 

Grazas!!!


11 jun. 2016

A nosa correspondencia con Manuel María (os premios)

 
Tendo como remitente o IES Urbano Lugrís, varias misivas chegaron ás nosas mans. Todas teñen como destinatario ao poeta Manuel María. 

As que nos pareceron mellores e, polo tanto, queremos premiar son as de: 

Nivel Bacharelato: 
1º premio: Sara Quindimil Vázquez  
2º premio: Andrea Vázquez Ares 
3º premio: Alejandro Martínez Campos 

Nivel de Ciclos: 
1º premio: Alba Concheiro Villar (1º FPB) 

Cremos que a Manuel María lle terían compracido enormemente!!!

Entregaremos os premios esta semana e os diplomas na festa de fin de curso. E tamén as publicaremos aquí mesmo...


 

1 jun. 2016

URUEÑA (Villa del libro): un viaje didáctico y emotivo

                     
Como premio a un año de trabajo, el Club de Lectura se adentró a mediados de mayo en la Villa del Libro, un pueblo vallisoletano lleno de historia medieval y de entrañables museos y parajes. Todos disfrutamos de unos maravillosos días en los que el aprendizaje y el compañerismo brillaron enteramente.

Así nos lo manifiestan ellos, con este recorrido sentimental y filosófico. Dejémonos llevar por las palabras de Gonzalo y de Nora y por  algunas imágenes que confirman la entrañable aventura.
DIARIO DUN LUGRISIÁN EN URUEÑA 
Somos persoas con 5 sentidos inconscientes da realidade.
Ata que non a podemos sentir por riba deses sentidos, non sabemos nada. Nin sequera de nós mesmos.
Por iso viaxamos. Precisamos ver, escoitar, ulir, tocar e saborear todo aquilo que descoñecemos. Precisamos ata afastarnos do lugar ao que pertencemos para descubrir quen somos en verdade.
Existen dous tipos de viaxes: Aquelas que emprendemos sós e aquelas que emprendemos sós con persoas ao noso lado. Podemos partir cara todo destino en calquera destes dous casos, mais só podes ter a seguridade  de que volverás acompañado nun deles.

Que é acompañar senón coñecer, fortalecer, apoiar e seguir a quen fai o propio con outros?
Podemos acompañar a calquera persoa só por sentar no mesmo asento ca ela. Podemos acompañar a calquera persoa convivindo con ela nun espazo e tempo determinados. Podemos acompañar a calquera persoa nun paseo por unhas rúas cheas de historias, ollando interminables prados ou ata percorrendo portentosas murallas dende as que sentirse máis preto do ceo.

A esencia de toda viaxe é o que gañamos con ela.
Podemos presumir de coñecernos máis aló da nosa terra, podemos dicir que coñecimos unha vila chea de cultura, con enriquecidas librarías, coidados museos... Un lugar cheo tamén de novas palabras que ata os ventos de Castela nos achegaron.
Podemos demostrar que coñecimos a escritura propia da época de Carlomagno.
Pero máis importante ainda, sempre poderemos lembrar os compañeros que esta viaxe nos levou a coñecer.
Pese a todo, seguiremos sen ser conscientes de todo o que nos rodea.
Son os nosos sentidos os que nos permiten notalo todo, pero non todo ten por que sentirse.

Palabras xordas que escoitamos.
Imaxes cegas que o amosan todo.
Sabores que proban a insipidez de quen os acompaña.
Olores que nunca han cheirar aquilo que arrecende.
Que tacto ten a Nada?

Dende a nada comeza o todo. E todo é o que queremos chegar a saber. Pero non sería o mesmo... O ser humano necesita fame de coñecementos. Por iso temos que ser gratos coa nosa inconsciencia, porque nos permite saber máis, encher o baleiro da nosa mente.
Ao non saber lle temos que agradecer experiencias como esta.
Para rematar plantéxome dúas preguntas:
Para ser conscientes precisamos máis dos sentidos ou dos sentimentos?
Son efémeros ou eternos?

                                                                                                                           Gonzalo Conde, 2º Bach

Desconexión del mundo exterior cuando te pones los cascos, la música suena y tu mente vuela. Así me sentí durante mi corta estancia en este pequeño pueblo medieval. Caminar por sus calles, respirar aire puro, reír, fotografiar sus rincones, contemplar las vistas desde la muralla... Todo, todo en ese pueblito era digno de ser visto, sentido y visitado. 

Urueña te enseña a fijarte en los detalles, ya que está lleno de sorpresas. En sus calles hay retratos de autores y pinturas, aunque están escondidos. Sus museos dejan constancia de las distintas formas de expresarse que tiene el ser humano, como la música y la escritura. Sus librerías, con miles de mundos por descubrir e historias que contar, te incitan a expresarte y aprender de los grandes pensadores. En especial Grifilm, la sensación de estar en un espacio tan pequeño y rodeada con todo lo que se puede saber sobre el séptimo arte: adaptaciones literarias al cine, películas, libros con consejos sobre fotografía y cine... Es indescriptible. Todo lo que deseas aprender en un sitio te hace sentir tan pequeña e impaciente por seguir aprendiendo. 

De este viaje volví con ganas de visitar más lugares desconocidos y de degustar más dulces de Astorga. Me sirvió para reafirmar lo que ya sabía, que deseo visitar cuantos más lugares posibles, ya que la monotonía y la rutina me desmotivan. 

Vivir en un continuo viaje, invertir el tiempo en disfrutar del simple hecho de estar viva probando nuevos sabores y conociendo gente con otra cultura, compartir ideas, fotografiar todo aquello que llame mi atención e inmortalizar momentos, perderme en las calles de una gran ciudad o en un pueblo como Urueña.
                                                                                                                                 Nora Galván 4º ESO

Alba Fariña




Paula Grangel


Seguro que algún día volvemos por estos mágicos lares porque, como dice Alba Fariña, “URUEÑA: todo sucede por una razón”.