24 may. 2016

Premios para os monólogos do Quijote






A resposta ao concurso foi tan boa que resultou difícil decidir a quen premiar. Moitísimas grazas pola vosa participación. Finalmente, quedou así:

NIVEL BACHARELATO:
- 1º premio: José María Expósito Otero, Título: Visión quijotesca.
- 2º premio: Marta Sandino Somoza: En forma.
- 3º premio: Anxo González Suárez: Don Quijote.

NIVEL ESO:
- 1º premio: Nora Galván Silveiro. Título: Una ciudad contemporánea.
- 2º premio: Mariña Neira Rey: Sé Dulcinea, no Aldonza.
- 3º premio: Carla Iglesias Aller: Sancho Panza y las redes sociales.
Accésits: Diego Montero Sánchez: El e-mail de Don Quijote a Sancho.
               Uxía Blanco López: Destino.



NIVEL CICLOS: 
- 1º premio: Alba Concheiro Villar: Las comidas del Quijote.
- 2º premio: Pamela Sabando Macías: Las cosas de la vida.
- 3º premio: Genaro Gallo Escudero: Lo que comía el Quijote.

A todos os que participáchedes a noraboa e as grazas, e, por suposto, un pouco máis aos ganadores.

En breve, publicaremos aquí os monólogos premiados, para que todo o mundo poda gozar con eles.

Os premios entregaranse na festa de fin de curso. Gustaríanos que as persoas ganadoras representaran os seus monólogos... Veremos.

Agora, a escribir cartas a Manuel María;)





11 may. 2016

Cartas a... MANUEL MARÍA


Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu II Concurso de Cartas a... MANUEL MARÍA co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor.

PARTIPANTES
Todo o alumnado matriculado no Centro.


TEMA E IDIOMA
O escritor Manuel María.
Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao literato, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo... *
Ha de estar redactada en lingua galega.


MODO DE ENTREGA
As persoas participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com
FORMATO
A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola.

PRAZO
O prazo para participa finalizará o venres, 27 DE MAIO no recreo.

FALLO DO CONCURSO
O fallo do xurado anunciarase en torno o venres, 10 de xuño, na Biblioteca do centro. Farase público a través do Club de Lectura e o facebook da Biblioteca.

PREMIOS
Estableceranse 6 premios, tendo en conta o nivel do alumnado (1º ciclo ESO e FPB, 2º Ciclo ESO, Bacharelato e Ciclos).

Os autores das cartas ganadoras recibirán, ao final de curso, ademais do premio, un diploma. Todas as cartas seleccionadas serán publicadas no blog do Club de lectura do centro e expostas na biblioteca.

* A Biblioteca  e o profesorado de galego dispoñen de materiais bibliográficos sobre Manuel María para consulta.

Xa se nos fai longa a espera polas vosas misivas!!!