18 mar. 2016

Sufraxistas, grazas pola loita






A Biblioteca e o departamento de Filosofía decidimos celebrar este ano o día da muller traballadora lembrando ás sufraxistas de principios do século XX, especialmente ás inglesas. Co impulso dado pola película Sufragistas, recompilamos algúns documentos da época: postais defendendo a súa posición e crueis caricaturas que reflicten os prexuízos do momento (moitos dos cales seguimos percibindo menos explicitamente na actualidade).  

Ademais, o alumnado de Valores éticos de 3º ESO elaborou unhas interesantes siluetas nas que presenta a algunhas mulleres loitadoras, que todos deberiamos coñecer. 

Para que non pasemos de longo pola exposición, temos uns cuestionarios para comprobar que somos capaces de observar e atopar os principais datos sobre estas figuras de muller e dar a nosa opinión sobre as postais e caricaturas. 

No curso de Biblioteca da Aula Virtual, está o material da exposición en pdf e tamén o cuestionario. 

Xa son moitas as persoas que viron a exposición! Faino ti tamén!












17 mar. 2016

Entrega de premios Expres-arte


O pasado luns 14 de marzo entregamos na Biblioteca os premios aos mellores corazóns, cheos de poesía en forma de centón. 

Os premios desta 3ª edición de EXPRES-arte foron para: 


NIVEL 1: 

- 1º premio: Ainara Calvo (1º ESO A) 
- 2º premio: Lucía Seoane (2º ESO A)
- 3º premio: Paula Parga (1º ESO A)


NIVEL 2: 

- 1º premio: Daniel Varela (4º ESO)  
- 2º premio compartido: Marta Areosa (2º FPB Lav.)
- 2º premio compartido: Raquel Serrano (2º FPB Lav.)















Noraboa a todas e todos!