No CL1 seguimos as "Penúltimas tendencias"
Si, no Club de lectura dos primeiros cursos da ESO, estamos a ler poesía de Carlos Negro. En concreto, estamos a simultanear Penúltimas tendencias e Makinaria. Como son breves, non hai que animar practicamente a ler. Penso que os libros xa deberon pasar por moitas mans do Club.
O próximo xoves imos comentar, logo de acabar de ler o epílogo que escribiu Rosa Aneiros para Makinaria. Por suposto, procuraremos escoitar Born to run, de Bruce Springsteen, que ten moito que ver con este libro.
Tamén escoitaremos opinións sobre a ditadura do fashion, cool, chic e sexy, a que están sometidas as rapazas...
Aquí déixovos algunhas fotos dos nosos encontros en xaneiro:
E axiña poñémonos nós a escribir algo de poesía para o Concurso Expres-arte 3, perto do día do amor e a amizade...
Comentarios
Publicar un comentario