Entradas

Mostrando entradas de enero, 2016

No CL1 seguimos as "Penúltimas tendencias"

Imagen
Si, no Club de lectura dos primeiros cursos da ESO, estamos a ler poesía de Carlos Negro . En concreto, estamos a simultanear Penúltimas tendencias e Makinaria . Como son breves, non hai que animar practicamente a ler. Penso que os libros xa deberon pasar por moitas mans do Club.  O próximo xoves imos comentar, logo de acabar de ler o epílogo que escribiu Rosa Aneiros para Makinaria . Por suposto, procuraremos escoitar Born to run , de Bruce Springsteen , que ten moito que ver con este libro. Tamén escoitaremos opinións sobre  a ditadura do fashion, cool, chic e sexy, a que están sometidas as rapazas... Aquí déixovos algunhas fotos dos nosos encontros en xaneiro:   E axiña poñémonos nós a escribir algo de poesía para o Concurso Expres-arte 3, perto do día do amor e a amizade...

TALLER DE POESÍA - CL2

Imagen
El jueves pasado comenzamos en el club de lectura (CL2) con el Taller de Poesía. Para esta ocasión elegimos al poeta y cantautor MARWAN , un madrileño de padre palestino y madre española. Primeramente escuchamos atentamente su video-poema "Consejos de supervivencia para jóvenes sensibles" y, a continuación, trabajamos con los versos de "Adolescente". A partir de las palabras claves del mismo, los alumnos crearon con muchísimo interés un nuevo poema.

Mangas novos na biblioteca... e moitas outras novidades

Imagen
Este ano estamos tendo unha sección de novidades bastante movida, polo que vos animo a que vaides fixándovos nela. Ademais de novidades  como    O último día de Terranova , de Manuel Rivas,  Fontán , de Marcos Calveiro, Cuentos crudos , de Alfredo Gómez , a novela gráfica La casa , de Paco Roca, poesía de Carlos Negro, un montón de títulos en inglés e tamén en francés e de libros de electrónica e mantemento..., temos tamén bastantes mangas novos.  Entre os mangas temos as moi demandadas series Death Note e   Another , así como varios números de Pandora Hearts e Blue exorcist .  Nisto dos mangas temos un pouco de asesoramento de Paula Grangel (recoméndovos o seu canle de youtube: Sra. Lemon ) e hai peticións dun club de lectura de mangas... De momento, intentaremos un coloquio sobre o tema.  Animádevos a ler algo do novo material!!! Seguro que atopades algo á vosa medida...

"El poder de la amistad", por Álex Santos

Imagen
Álex Santos Fernández, de 1º ESO C, realizou este precioso cómic, sobre a amizade e o acoso escolar. Fíxoo na materia de Lengua e literatura española, coa profesora Celia Madariaga. Cando teña máis (deste nivel, a poder ser) farase unha exposición de cómics, como case todos os cursos.  Aquí tedes... "El poder de la amistad": Esperamos incluir máis cómics vosos..

Resultados da enquisa da biblioteca

Imagen
Froito dun arduo e longo traballo, realizado por Luis Siso, temos os resultado da longa enquisa realizada a fins do curso pasado en torno á Biblioteca.  A primeira que fixemos. Resumindo moito, cóntanos Siso o seguinte:   A enquisa da biblioteca foi realizada polos grupos de 1º de ciclos e os grupos de ESO e Bacharelato. Consta de dous bloques, un con preguntas referentes a asistencia a mesma, e outro con preguntas relativas o seu uso en canto a satisfacción de varios aspectos. [Está o modelo na aula virtual da biblioteca , que é aberta para todo o mundo]. No apartado de Ciclos a tónica xeral foi que a unha das preguntas relativas a asistencia, a resposta xeral era de menos de unha vez ao mes; gran parte do alumnado incluso contestou que nunca, co cal a segunda parte da enquisa non tiña realmente validez, porque dunha cousa que non se usa dificilmente temos criterio para opinar; de todos os xeitos constestaron. No relativo a os grupos da ESO e Bacharelato, si se c