Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

Os nosos terroríficos microrrelatos

Imagen
Velaquí están  os terroríficos microrrelatos (por orde de curso crecente): A FRAGA ENCANTADA Había unha vez un bosque onde todas as árbores non tiñan follas; había un grupo de nenos que andaban de paseo pola fraga, encontráronse cunha bruxa que lles preguntou se querían un corazón de zombie, pero eles dixeron que non tiñan diñeiro para pagalo. A bruxa non lles pedía diñeiro, pedíalles a alma dun deles; e entón, non aceptaron, pero a meiga seguía os seus pasos, cando ninguén miraba rouboulle a alma a un dos nenos, e os demais non se decataron ata que chegaron ao seu barrio, cando o encontraron morto só llo contaron aos seus pais; estes foron á fraga buscar o cadáver, atoparon a bruxa que tiña a alma do neno dentro dunha bóla de cristal, apoiada na súa man. Para recuperar a súa alma tiñan que pasar unha proba que consistía en arrincar os ollos a un dos nenos e volver poñerllos, fixérono e devolvéronlle a alma ao neno, pero o rapaz non volveu ver nunca máis! Santiago Gar

Premios dos Microrrelatos de terror

Imagen
Moitos dos participantes O pasado martes 24 de novembro entregamos os premios do IV concurso de Microrrelatos de terror na biblioteca.  Estivo xunto as profes da Biblioteca a vicedirectora Carmen Delgado, sacando as fotos.  O alumnado premiado foi:  - Santiago García Rey (1º ESO A), 1º premio en galego - Noelia Souto Mosquera (2º ESO B), 1º premio en castelán - Daniel E. Rosua López (2º ESO A), 1º premio en inglés - José Pol Rosende (1º FPB),1º premio en castelán - Cristian Rifón Patiño (1º FPB), 2º premio en castelán - Paula Grangel (3º ESO A), 1º premio en castelán - Rocío M. Gómez Llanos (1º Bac), 1º premio en galego Daniel coa profe Francisca Noelia coas profes Rocío coa profe África Noraboa a todos e todas!!!                                              .... e moitas grazas pola vosa participación! E como din por aí que o prometido é débeda, a continuación os microrrelatos, na seguinte entrada van os microrrelatos, as vosas breves creació

Notre petit club

Imagen
O pasado mércores 18 reuniuse o club de lectura de francés, para seguir lendo as aventuras máis deportivas de Le petit Nicolas .  Coa profe Pilar, limos, comentamos.  Un recreo tranquilo e agradable... 

Agasallos da Biblioteca Sagrada Familia

Imagen
O pasado mércores 11 de novembro tivemos reunión da Comisión da Biblioteca e visitounos o Director da Biblioteca Municipal da Sagrada Familia , Enrique, que forma parte desta Comisión. E non veu coas mans baleiras... tróuxonos unha maleta cargada de libros actuais e moi atractivos así como algún que outro agasallo para incorporar á nosa biblioteca.  Temos expostos  os libros, entre eles bastantes mangas, na sección de literatura xuvenil. Estarán con nós durante un mes, tempo no que podedes levalos prestados. De feito, nada máis expoñelos sacáronnos das mans varios exemplares, especialmente os do Club de lectura:) Por suposto, seguiremos coa colaboración. Creo que a mellor forma de agradecellelo é ler algúns dos títulos expostos... para logo ir por máis. Fixádevos que no taboleiro da entrada á biblioteca está sempre colgado o Boletín de novidades e actividades da Biblioteca Municipal da Sagrada Familia  Por outra banda, lembrade que mañá mércores hai reunión do Club de lectu