24 jun. 2015

Festa fin de PROA

O alumnado de PROA rematou as clases ao grande, celebrando o moito traballado, o moito aprendido, e a sorte que tiveron con Ana Fernández Sampaíño como profe. 

Son rapaces de 1º, 2º e 3º ESO. Hai que seguir currando!!!... despois dun breve descanso estival, por suposto.
















20 jun. 2015

Océano Lugrís


Onte venres, no festival de fin de curso, presentouse tamén un vídeo realizado por Cristina De la Torre que recolle primorosamente o día da estrea da exposición permanente Océano Lugrís, ubicada en sete puntos do noso centro e que levamos a cabo este curso no marco de Contrato programa "Mapa emocional de Lugrís".
Ese día, o luns 18 de maio, recibimos a visita do IES Urbano Lugrís de Malpica e os nosos rapaces e rapazas actuaron de guías, primeiro no centro, e logo durante un percorrido lugrisián que comezou na Torre de Hércules e continuou no xardín de San Carlos, o Parrote, o café Vecchio da rúa San Andrés, o graffiti da rúa Mantelería, e rematamos todos, os malpicáns e os coruñeses, cantándolle a Lugrís diante do mural de Lugrís da praza José Sellier. 



Seguiremos aprendendo e gozando con Urbano Lugrís! Prometido!!!

19 jun. 2015

"Actuemos contra a violencia de xénero" (performance)

Hoxe, na festa de fin de curso, o grupo de 4º ESO presenta os vídeos (montados por Iván Romero) da performance "Actuemos contra a violencia de xénero" que realizamos no patio do centro o pasado 22 de maio, máis un simpática making of da mesma.

Foi un auténtico pracer todo o proceso que concluíu nesta performance e vídeos: desde a elección conxunta do tema, pasando pola idea da actividade, a súa posta en marcha, elaboración... en fin, todo. Un verdadeiro e creativo traballo en equipo. Grazas, pupils :)

Como sabedes, fíxose no marco da clase de Ética, coa enorme colaboración de Plástica, e dentro do marco do proxecto "Creando cidadanía global", da ONG Solidaridade Internacional (María Caride e Ana Lampón estimuláronnos en todo momento). 

Aquí quedan: 







Tamén podedes ver os vídeos no canle de youtube lerunmardecontos  e xa hai tempo fixemos as entradas correspondentes no facebook BiblioLugris e no twitter do instituto @IESUrbanoLugris.

... E nun anaco poñemos tamén o vídeo realizado por Cristina de la Torre da estrea da exposión Océnano Lugrís, que tamén se presenta hoxe no festival de fin de curso.

16 jun. 2015

Versioneando ás Meninas





Como guinda do CL2, uns cantos deixáronnos as súas magníficas reinterpretacións das Meninas. Aquí podedes aprecialas: 






Na biblioteca tedes varios libros sobre este cadro de Velázquez. Entre eles, unha novela gráfica e unha novela, El misterio Velázquez

 

8 jun. 2015

Revivimos a poesía de María Lado e Laura Aldao

Pásannos do IES de Elviña un magnífico vídeo que reproduce a nosa visita ao seu centro para gozar do divertido recital de María Lado e Lucía Aldao:


Unha estupenda lembranza. Grazas polo vídeo, colegas do IES de Elviña!!!


6 jun. 2015

Final da Liga de Debate


O pasado mércores 3 de xuño tivo lugar o encontro final da II Liga de Debate no Lugrís. Nesta ocasión enfrontáronse os equipos de 4º ESO e 1º Bac. E o tema a debatir era a independencia de Galicia. 

Os equipos de 4º ESO e Ciclos por unha banda, e o de 1º Bac e 3º ESO, por outra, debatiran previamente (o 6 e 7 de maio) en torno a se as medidas contra a violencia de xénero eran ou non adecuadas. Nesa primeira fase ganaran 4º ESO e 1º Bac respectivamente. 

Nesta ocasión, a 1º Bac tocoulle defender a independencia de Galicia e a 4º ESO posicionarse en contra. Ambos equipos argumentaron moi ben, pero o ganador foi o de 1º Bac. O xurado resaltou o traballo de preparación do equipo ganador.

O profesor Xosé presenta ao equipo de 1º Bac:
Noelia, María, Mónica, Gonzalo, Anxo e Jéssica
Xosé presenta a 4º ESO: Lara, Alejandro,
  Yaiza, Bruno e Adrián

Adrián falando
Noelia explicándose
María Peral en plena argumentación
 


Aí faláchedes!!! 

4 jun. 2015

As nubes: vivir é ver volver

Algunhas alumnas de FP 1 de Lavandería e Aloxamento dedicaron uns versos ás nubes baseándose no coñecido conto homónimo de Azorín, na clase de Francisca de Comunicación e Sociedade. Son unhas auténticas poetas!


Lágrimas de ángeles,
sois como la tierra,
oxígeno para mis pulmones.
Como apaiencia de un vuelo
y sin límites definido,
así son los cirrostratos.
Con estructura irregular
y anchas estrías,
los altocumulos.
Con grandes dimensiones
y farallones montañosos,
los cumulonimbos.
Aliento de vida y belleza para mis ojos.
¿Por qué sois tan blancas?
¿Y a veces tan oscuras?
Estéis como estéis, me inspiráis con dulzura. 

                            Devora Mishel Carrasco 



Las ondas de tu creación
son como el tiempo que pasa
cuando el viento empuja el vapor de tu adentro.
Nube blanca sobre el cielo azul,
que destacas desde la tierra a lo lejos
y viajas por el mundo, respirando aires diferentes
de continentes nunca vistos.
Nube, dueña del tiempo y el espacio
pasas desapercibida y nadie sabe que existías.
Solo la persona que te mira sabrá que tú,
algún día, existirás en otra vida.
Tú, que inspiras a los grandes escritores,
dejas huella por donde pasas.
Te metes en los sueños de la gente
y sus inspiraciones son tu realidad.
                                                        Marta Areosa


Como agua de tus lágrimas,
vida en la tierra.
Así eres, nube.
Tus límites definidos, cirrostratos.
De tamaño mediano, altocúmulos.
Color gris oscuro, nimbostratos.
Con corazón y alegría,
creando ilusiones, y

sueños increíbles.
                            Raquel Serrano

Que siga a racha creativa!!!


2 jun. 2015

Entrega de premios das cartas a Lugrís



Deixamos aquí unhas cantas fotos do día en que comunicamos a Alba e a Morelys que eran as ganadoras do Concurso de "Cartas a... Urbano Lugrís". Entregámoslles un orixinal forxado coas iniciais do pintor que dá nome ao noso centro. Na festa de fin de curso terán algún premio máis.