Literatura con imaxe e son

Empezamos o ano, reanudamos o curso, cunha exposición de preciosos álbums ilustrados, libros de poemas, algúns con audio, e outros sen. Todos son préstamos da Biblioteca Municipal de Os Rosales e terémolos con nós durante un ou dous meses. Hai títulos moi diversos, para todo tipo de gustos e niveis, a maioría en edicións moi coidadas.

Invitámosvos a que olledes, a que escoitedes, a que leades, e a que vos deixedes embargar polo seu encanto e poesía.

Entre a morea de títulos prestados, comezamos por destacar uns poucos de Jimmy Liao, o poeta das ilustracións, autor taiwanés recoñecido no mundo enteiro polos seus contos. "La noche estrellada" e "Desencuentros" son algúns dos seus títulos, publicados en España pola editorial Barbara Fiore, e dos que dispoñemos na biblioteca.

E co aroma que estas letras artisticamente ilustradas nos deixan queremos deixar constancia da nosa solidaridade cos humoristas gráficos de revista Charlie Hebdo, salvaxemente asasinados en Francia estes pasados días polo fanatismo intolerante.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego