31 ene. 2015

"El sentido de la vida", segundo Eliseo

Eliseo Gómez Vázquez, de 1º Bac, déixanos as súas reflexións sobre o sentido da vida.

La vida es un libro, en cada capítulo se escribe un pedazo de tu historia. Esa historia tiene el sentido que le des; puedes ser feliz con los pequeños detalles de cada día y llegar así a la felicidad, o ser un inconformista que siempre quiere más y nunca le llega con lo que tiene.
Todos queremos la felicidad, pero nadie sabe a ciencia cierta lo que es, y esa historia de nuestra vida va marcada por la búsqueda que hacemos de la felicidad.
Y lo que está claro es que a veces creemos que la hemos encontrado y de pronto pasa algo que nos la saca de las manos, y eso es lo peor: tocas la felicidad y de un segundo a otro te caes, y el golpe es muy duro. Pero de las caídas se aprende y lo bonito de caerse es levantarse y seguir luchando para conseguir la felicidad.
Para mí, ése es el sentido de la vida.


28 ene. 2015

Entre belas imaxes e rítmicos sons

O pasado xoves 21 de xaneiro retomamos as reunións do Club de lectura e mergullámonos en literatura con imaxes. A reunión estaba dirixida ao grupo 1, pero veu tamén algunha xente do 2, enriquecendo a xuntanza coa súa participación. 
Deleitámonos con Jimmy Liao, cos seus Desencuentros. Temos catro libros del e xa están rotando entre os membros do Club, xunto con outros da exposición.
O próximo xoves haberá xuntanza do 2 dirixida por Francisca, que creo que nos fará entrar no ámbito do son... 

Fican aquí algunhas fotos chulas como testemuña do ambiente.















10 ene. 2015

Literatura con imaxe e son

Empezamos o ano, reanudamos o curso, cunha exposición de preciosos álbums ilustrados, libros de poemas, algúns con audio, e outros sen. Todos son préstamos da Biblioteca Municipal de Os Rosales e terémolos con nós durante un ou dous meses. Hai títulos moi diversos, para todo tipo de gustos e niveis, a maioría en edicións moi coidadas.

Invitámosvos a que olledes, a que escoitedes, a que leades, e a que vos deixedes embargar polo seu encanto e poesía.

Entre a morea de títulos prestados, comezamos por destacar uns poucos de Jimmy Liao, o poeta das ilustracións, autor taiwanés recoñecido no mundo enteiro polos seus contos. "La noche estrellada" e "Desencuentros" son algúns dos seus títulos, publicados en España pola editorial Barbara Fiore, e dos que dispoñemos na biblioteca.

E co aroma que estas letras artisticamente ilustradas nos deixan queremos deixar constancia da nosa solidaridade cos humoristas gráficos de revista Charlie Hebdo, salvaxemente asasinados en Francia estes pasados días polo fanatismo intolerante.