Entradas

Mostrando entradas de junio, 2014

Fin de curso

Imagen
Co fin de curso chegou o momento de facer públicos os booktrailers de que tanto falamos, o resultado de varios meses de traballo.  No festival do último día (o venres 20 de xuño) resoaron fortes aplausos mentres discorrían os sucesivos vídeos ante os nosos ollos e logo o making off . Por suposto, tamén foron sonoros ante os poemas, a música, os bailes e os premios dese emotivo día. Todos os aplausos foron moi merecidos, polo que estabamos a ver e por este curso que remata e que xa forma parte da nosa experiencia vital. Agora toca descansar e desconectar... Desde a biblioteca, recoméndamovos calquera lectura apetecible para o verán... e en particular, sempre podedes ler os libros que vos suxiren estes booktrailers:  - La Fundación , de Buero Vallejo - Tres metros sobre el cielo , de Federico Moccia - Aire negro , de Agustín Fernández Paz - Matilda , de Roald Dahl - Le petit Nicolas , de René Goscinny E aquí o máis divertido: o  making off [Como vedes, todo está no canle

Redobre de tambores... cos booktrailers

Imagen
O pasado martes 3 de xuño tivemos a última sesión de booktrailers na que puidemos ver o resultado do traballo de todos estes meses, da man de Cristina de la Torre. Os logros de todos estes obradoiros son cinco magníficos avances de libros que poderán ser vistos polo "público xeral" o 20 de xuño, na festa de fin de curso, no centro cívico:  - Tres metros sobre el cielo , de Federico Moccia , con Rocío Gómez e Milena Gomes (de 3º ESO) e máis Mónica Aguilar e Adriana Motataianu (de 1º Bac) como protagonistas.  - Aire negro , de Agustín Fernández Paz , con Uxía Regueira e Paulo Marqués (1º ESO) como actores principais, deslumbrantes. - Matilda , de Roald Dahl , coa interpretación estelar de Sara Romay, facéndonos voar e gozar co mundo dos libros nun ambiente festivo e primaveral. - Le pétit Nicolas , de René Goscinny , no que participa bastante alumnado de francés de 1º Bac. Impresionante a súa soltura co idioma veciño! - La fundación , de Antonio Buero Va

Deberes felices

Imagen
Está en marcha desde a semana pasada unha iniciativa do Departamento de Lengua española (a profe Margarita de Acevedo) e a Biblioteca para acabar o curso deixándonos un moi bo sabor de boca. Trátase de poñerlle título a unha boa lembranza do curso, de calquera tipo: un filez encontro nos corredores, unha magnífica clase, unha espectacular exposición dun compañeiro ou unha inquietante pregunta doutra compañeira... Esa boa lembranza hai que ilustrala nunha tarxeta que leva como portada un debuxo estilo manga de Paula Grangel (1º ESO B) e que tendes a disposición na biblioteca. O prazo límite de entrega (na biblioteca, por suposto) é o 12 de xuño e está invitada a participar toda a comunidade escolar (aínda que os premios son só para o alumnado). Espero que non vos pase como a min, que a maior dificultade é a de quedarme cun só de entre tantos bos momentos que viín convosco neste curso! Anímate a compartir esa lembranza con todos nós!