Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2014

Primeira reunión do Club

Imagen
Bueno, primeira reunión deste curso...,  que terá lugar o próximo mércores 1 de outubro. Nela, en primeiro lugar falaremos de que a profesora Francisca vai ser unha nova colaboradora, esperamos que d e forma continua. Logo trataremos  de aspectos organizativos (división en dous grupos do club -1º e 2º ESO e CFB por unha parte, e de 3º ESO en adiante pola outra-, calendario de reunións...). Finalmente,  centrarémonos nos nosos plans de lectura.  A proposta para iniciar o curso é Jules Verne , cando menos para o grupo 1. Imos ver que coñecedes, que vos atrae e decidir que imos ler en concreto.  Para abrir apetito, leremos (en máis de unha sesión) o conto de O motín da Bounty . Monumento a Verne en Vigo

Con ganas de novas aventuras lectoras!!

Imagen
Así propoñémonos comezar o curso... con moito ánimo para ler e para buscar novas formas de ler...  Iremos poñendo as ideas sobre a mesa en canto empecemos. Tan axiña como o curso estea medio encamiñado, faremos a primeira reunión do Club aberta a quen lle interese ou teña curiosidade. A ver con cantos efectivos contamos... Logo xa intentaremos achegarnos á xente nova. Para re-convencernos do que xa sabemos, déixovos aquí 10 motivos para ler todos os días ... a ver se imos desentumecendo as neuronas. Engadimos á nosa listaxe de blogs a de ler en mancomún , a partir da cal tedes acceso a todos os blogs dos Clubs de lectura dos centros de ensino públicos galegos (a listaxe está á dereita do blog). Aí tedes unha ventá a todo o que se está a facer en Galicia, que é moito.