Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

A voltas con Díaz Castro, Guitiriz... e tamén Lugrís

Imagen
O pasado martes 20 de maio foi un día moi especial no noso centro. Sobre todo, porque tivemos que exercer como anfitrións dun numeroso grupo de guitiricenses do IES Poeta Díaz Castro. Estiveron por aquí un pouco máis de dúas horas, devolvéndonos a visita que nós realizamos en febreiro.  Invitámolos a tomar un pouco de biscoito na nosa biblioteca, e logo intentamos que viviran  unha especie de "matinal artística", combinando un pouco de música e poesía no salón de actos. Para a parte musical, rapaces preparados por Pedro -o profe de música- interpretaron varias obras:  Entre dos aguas, de Paco de Lucía,   e unha rumba en grupo; e logo tamén nos deleitaron Diego Abanqueiro e Iván Romero, ao teclado en solitario... Outros poucos recitaron poemas variados: Yolanda e Jordalina recitaron "Besos", de Gabriela Mistral, no que están xa especializadas, e despois  Xulio, Luis, Tamara, Samuel e Sara exerceron de rapsodas con poemas do celebrado Díaz Castro. O acto foi presen

De visita no IES de Elviña, con Feijoo

Imagen
O pasado xoves 15 de maio, o noso Club de lectura trasladouse ao IES de Elviña para escoitar e charlar con Pedro Feijoo. Estaban tamén rapaces do Club de lectura do IES Parga Pondal de Carballo, e os de Elviña, por suposto. Houbo un bo feixe de preguntas, do máis variado. Mentres respondía, Feijoo foi contándonos como é o seu labor de documentación, a súa forma de escribir, amosounos os cadernos que emprega para escribir (primeiro sempre a man... con letra de médico)... e aguilloounos para que busquemos todas as historias que temos a un tiro de pedra e que quedan por contar. 

Pedro Feijoo

Imagen
O próximo xoves 15 de maio imos ao IES de Elviña para escoitar, xunto con xente doutros clubs de lectura, a Pedro Feijoo . Feijoo é un escritor galego, nacido en Vigo en 1975. Ademais de escritor, é músico e compositor e filólogo de formación. As súas obras máis coñecidas son bastante recentes:  - Os fillos da auga (2011), unha obra de intriga e aventuras situada en Vigo, - A memoria da choiva (2013), ubicada esta vez en Santiago e definida por algúns como un thriller con Rosalía  de fonto.  Gózase léndoo... A ver que nos conta!

E ti que les? (2)

Imagen
Seguimos coas nosas recomendacións, esta vez desde 4º ESO: - Cincuenta sombras de Grey , de E.L. James. "Es un libro muy interesante, porque es de un chico rico que no busca novias, busca sumisas, porque es un obseso del control. Conoce a Anastasia Steele y se enomora de ella. Viven muchos problemas porque ella no quiere ser su sumisa y él la quiere con locura. Se acaban casando y teniendo hijos." (AINHOA CARRO, 4º ESO). - Irmán do vento , de M. Lourenzo González. "Nós recomendamos Irmán do vento, porque conta a historia dun neno que loita por volver a encontrarse co seu pai. Este libro é moi emotivo porque les como loita por encontralo." (IVÁN VILLAMAR, MIGUEL GARCÍA, GRABRIEL CASTRO, 4º ESO).  - Oscuros , de Lauren Kate. "Recomendaríao porque mestura fantasía con realidade. Trata sobre uns rapaces que están nun reformatorio e acábanse namorando, pero a rapaza ve unhas sombras que ninguén máis ve e cando está con el, esas sombras son máis...&

E ti que les? (1)

Imagen
Continuamos ao noso xeito coa exposición -prestada polo IES de Sabón- que tivemos á entrada do centro e imos ver algunhas das recomendacións da nosa colleita (en 2º ESO): - El silencio del asesino , de Concha López Narváez. "Es un cuento muy bueno y que recomiendo a cualquier persona a la que le gusten los acertijos y el misterio. No es muy largo y te tiene enganchado de principio a fin". (SAMUEL NAVEIRA, 2º ESO B) - La clave secreta del universo , de Lucy e Stephen Hawking. "Recoméndoo porque, a parte de ser un libro para toda a familia, ensínache cousas sobre o universo que seguramente non sabías e está escrito polo xenio Stephen Hawking e pola súa filla Lucy".  (LUIS S. ROUCO, 2º ESO B). - El rostro de la sombra , de Alfredo Gómez Cerdá. "Lo recomiendo porque tiene intriga y aventuras. Trata de unos niños que se meten en un lío por hacer cosas que no deben". (SAMUEL VALLS, 2º ESO B). - Maldita adolescente , de María Menéndez-Pon