Entradas

Mostrando entradas de 2014

Felices festas

Imagen
Desde a Biblioteca, desexámosvos unhas moi boas festas e vacacións, a poder ser arroupados de moi boas lecturas, música, películas, charlas... Estes pasados días xa fomos ambientándonos co mercadiño de produtos de comercio xusto (da ONG Solidaridade Internacional ), cos bonecos de neve/lá , realizados polo alumnado de 1º Bac xunto coa profe Marta López e que estiveron adornando estes días a Biblioteca, e en xeral coa alegría e bo ton que foron segundo pasaban os días.  ... e moi feliz 2015!!!

Conto contos: O tren saltamontes

Imagen
Toda unha experiencia. O de contar contos aos cativos e cativas sempre resulta moi enriquecedor. Os nosos pequenos veciños do CEIP Cornide portáronse de marabilla mentres escoitaban o conto narrado e representado por un grupo do noso Club de lectura. Fixérono case como profesionais e pasamos un anaco estupendo mentres coñeciamos o Cole, preparabamonos no camerino e logo actuando ante os rapaces.  O conto que narraron foi, como dixemos, o de El tren saltamontes , de Alfredo Gómez Cerdá . No cole traballan por proxectos e este trimestre dedícano aos transportes terrestres, polo que encaixamos perfectamente nos seus plans. Tratáronnos tan ben que quedamos con moitas ganas de volver...

Viaje al centro de la tierra

Imagen
O martes  9 de decembro concluímos a nosa temporada con Jules Verne , vendo a película " Viaje al centro de la tierra ", na versión do 2008, chea de efectos especiais. Quedamos con ganas de vela en 3D. Aproveitamos, ademais para ensaiar o conto de El tren saltamontes , de Alfredo Gómez Cerdá , que imos ler aos pequerrechos do CEIP José Cornide Saavedra , veciños nosos o próximo venres 12 . 

E aquí están os microrrelatos...

Ao fin expoñemos os microrrelatos, os premiados xunto cos que non o foron. Están postos á entrada do instituto, nun gran panel elaborado pola profe Carmen Delgado;   aquí mesmiño, e tamén no curso da Biblioteca da Aula  Virtual do IES (aberta a todo o mundo). ...para seguir animándonos a escribir!! Os microrrelatos do nivel 1 Os microrrelatos do nivel 2

Os microrrelatos premiados son:

Imagen
Esta foi, sen dúbida, a edición máis exitosa das que levamos. Con arredor de 50 microrrelatos presentados non foi doado determinar cales serían os premiados. Despois de ler e reler, pensando niso decidimos en primeiro lugar, publicalos todos, o que faremos aquí en breve e tamén os imprimiremos para telos na biblioteca. En segundo lugar, destacamos aos seguintes:  Nivel 1:        - Mellor microrrelato en inglés, "Reveange",                          de Carlos Vélez (3º ESO)        - 1º premio: "Mi castigo", Rubén Ponte (3º ESO)        - 2º premio: "Ojos azules", Tamara Santiago (3º ESO)                                                  - 3º premio: "Cita equivocada", Luana Belizario (FPB Arranxos) Nivel 2:  - 1º premio: "Morí quemado" , Marta Sandino (4º ESO)                 - 2º premio:  Micrrorrelato de   Iván Vágner (1º Bacharelato) En todo caso, terroríficas grazas a todos e todas, pola vosa participación.   

Con Francisco Castro

Imagen
Finalmente, este pasado mércores 12 estivo con nós Francisco Castro charlando con nós de forma emotiva e intensa.  Fran desvelounos un pouco do oficio de escribir (de como constrúe historias, personaxes...), dos inefables mecanismos da imaxinación; amosounos a súa paixón pola escritura, e en xeral a súa paixón e optimismo como actitude vital. Tivo que responder a un montón de preguntas e, se non fose porque o tempo non deu para máis, alí teriamos continuado un bo anaco máis.  Na biblioteca hai varios libros seus, ademais de  Chamádeme Simbad ...  así que podedes animarvos a coñecelo un pouco máis!! Aquí quedan unhas poucas das fotos que nos sacou Carmen Delgado. E o xoves, ao día seguinte,  seguimos coas reunións do CL2:  con El pozo y el péndulo , de E. A. Poe, do que limos con Francisca varios anacos, e co que continuaremos no último xoves de mes... A próxima semana toca de novo Jules Verne.

De aventura, con Francisco Castro

Imagen
O próximo mércores, 12 de novembro recibiremos a visita do escritor e editor Francisco Castro (Vigo, 1966-). Vai estar con nós para falarnos sobre todo de Chamádeme Simbad , un libro que moitos de vós estades a ler.  Con el, espero que nos mergullemos en mundos diversos: desde os puramente aventureiros, como Simbad ou Verne, ata problemáticas como o alzhéimer , a vellez e as relacións interxeracionais, pasando por... En fin, xa o contaremos.  Francisco Castro ten tras de si unha gran produción literaria, dirixida algunha a público xuvenil, outra a infantil e tamén a adultos. Unha gran variedade froito dun laborioso saber facer que se gana a pulso libro a libro e traballo a traballo. Algúns títulos para lembrar son: O corazón da Branca de neve, Un bosque cheo de faias, O ceo dos afogados, Spam, As palabras da néboa, In vino veritas, O segredo de Marco Polo  etc. Por outra banda, as nosas lecturas nos Clubes avanzan. No CL2 (entendémonos, non si?) van a pasar a ler o terceiro

Adeus, Begoña Caamaño

Imagen
Nestes pasados días finou a escritora feminista galega, Begoña Caamaño  (1964-2014). Unha triste noticia que nos sirve para lembrar brevemente a súa figura.  Trátase dunha xornalista en prensa escrita e sobre todo en radio, moi centrada no tema cultural  e de claras apostas ideolóxicas: defínese sempre como galega e feminista (lilá) . Nos últimos anos escribiu dúas novelas  de calidade: Circe ou o pracer do azul  (2009) e Morgana en Esmelle (2012) . Como morreu, logo dunha longa e dura enfermidade (cancro), deulle tempo a despedirse, e fíxoo dunha forma tan vital como o foi ela. É admirable o ton da carta en que despide da súa amiga, a cantante Uxía . 

Relatamos terrores?

Imagen
Está xa cerca o Samaín, ou  Samhain (e unha boa ponte ao seu redor), así que son horas de meigas, cabazas, lobishomes e algo de tremores fúnebres... que podemos rescatar da nosa imaxinación para participar no concurso que vos propoñemos.  Poñemos, pois, en marcha a III edición do Concurso de Microrrelatos de terror, para que vos poñades a redactar a partir dunhas frases de inicio que extraemos de E. A. Poe e G. de Maupassant .  Estas son as bases:  Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés, e encadrarse dentro do xénero do terror. Os textos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. Deberán comezar dunha destas dúas maneiras: - “Atópome actualmente nun sanatorio; pero se entrei nel foi por prudencia, por medo ”                                                                                                                        (permitíndonos utilizar as palabras de E. A. POE en  O pozo

Estremecémonos con Poe

Imagen
Comezou xa a andar o CL 2, lendo e charlando sobre Edgar Allan Poe . Cun bo feixe de caras atentas dirixindo a súa mirada cara ela, a profesora Francisca mergullounos  no conto de El gato negro relacionándoo coa biografía deste autor que tiñamos na pantalla enfronte relatada pola wikipedia.  Velaquí un breve fragmento do conto, para facernos pensar, case perversamente... ¿Quién no se ha sorprendido a sí mismo cien veces en momentos en que cometía una acción tonta o malvada por la simple razón de que no debía cometerla? ¿No hay en nosotros una tendencia permanente, que enfrenta descaradamente al buen sentido, una tendencia a transgredir lo que constituye la Ley por el solo hecho de serlo? Este espíritu de perversidad se presentó, como he dicho, en mi caída final. Na próxima sesión, falaremos sobre  El barril de amontillado . E, en breve, poñeremos en marcha o III Concurso de microrrelatos de terror... Ide poñendo a imaxinación a traballar!

Patrick Modiano, novo premio nóbel de literatura

Imagen
Acaban de facer público que o premio nóbel de literatura deste ano é o francés Patrick Modiano (Boulogne- Billancourt 1945). Un escritor, que ten publicadas unha treintena de novelas profundas, mais de lectura fácil, de non máis de duascentas páxinas cada unha. Un París intemporal, onírico, que coincide co do distrito XVI, é o trasfondo de moitos dos seus libros. Unha zona nada relevante, e se cadra por iso escollida por el. Para que non nos distraia da historia a contar.  Unha das súas obras máis coñecidas é Dora Brude r, da que trata nunha interesante entrevista en El País .   Tamén son nomeadas:  O café da xuventude perdid a e unha triloxía sobre a ocupación francesa durante a Segunda guerra mundial. Ten unha considerable relación co cine , xa que realizou varios guións, fixéronse adaptación das súas novelas para películas, etc.  A verdade é que semella moi apetecible de ler!!