Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

A impresión que nos deixou ANOCA

Imagen
O pasado mércores 27 de novembro recibimos a visita de dous profesores do cárcere de Teixeiro acompañando a José Manuel, interno nesa mesma prisión. A experiencia resultou impactante (creo non esaxerar en absoluto). Coñecer de primeira man como é o cárcere, como se vive a cotidianeidade, o tedio e aburrimento do día a día, as decisións ou situacións que poden conducirnos a vivir alí... provocaron en todo o alumnado - e demais- unha profunda empatía. Penso que tamén nos impresionou a valentía e forza de vontade que poden sacar algunhas persoas, como José Manuel, para superar o feito e afrontar o presente e o futuro.  ANOCA , "Aprender NO CÁrcere", facendo significativo o seu nome, serviunos para aprender doutra maneira, para darnos unha boa lección de vida.  O alumnado de 3º e 4º da ESO, que tivo un magnífico comportamento, respectuoso e participativo (todo hai que dicilo), prometeu seguir en contacto a través do blog... Contamos con facelo...  Deixo aquí algunhas fotos

Crimes en Oxford e outros contos de terror...

Imagen
O pasado mércores 13 de novembro quedamos unhas poucas "escollidas" a ver a película española Los crímenes de Oxford a mediodía. Este filme trata sobre crimes cometidos seguindo unha serie lóxica ou matemática. Nela fanse moitas referencias ao filósofo austríaco L. Wittgenstein (autor da nomeada cita: "Do que non se pode falar o mellor é calar") e tamén á escola grega dos pitagóricos ; amósansenos as rúas de Oxford coas súas magníficas librarías e tranmítesenos a paixón con que se poden vivir as matemáticas. Á profesora Camino, que estivo con nós, non se lle pasou por alto un dos gazapos da película: nun momento fálase dun premio nóbel de matemáticas..., pero non hai premios nóbel nesta materia ( por que será? ).                                  Cambiando de tercio, o prazo do concurso dos Microrrelatos de terror, non foron moitos os presentados, aínda que si de boa calidade. Axiña diremos quen son as premiadas. E respecto ao club de lectura, reuni