Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

Martes de cine con Mortadelo e Filemón

Imagen
Lémbrovos que este martes, 26 de febreiro, quedamos a xantar na biblioteca mentres visionamos "La gran aventura de Mortadelo y Filemón".  Coa desculpa de que no club de lectura (2) estamos a centrarnos nas bandas deseñadas, a película deste martes rende homenaxe a un dos autores máis importantes do cómic (ou tebeo, como diciamos antes) español, a Francisco Ibáñez . Trátase dun autor gráfico que malia levar moitos anos traballando segue creando historietas de actualidade e creando personaxes que nos quedan moi perto, como Rojoy e Rubacalva . Francisco Ibáñez , ademais de ser o creador de Mortadelo e Filemón, tamén o é de tiras cómicas como 13 Rue del percebe , Rompetechos, el botones Sacarino, Pepe Gotera y Otilio , etc. Espero que todas e todos gocémolo moito! Ah! Nun ámbito ben diferente, pero non menos importante, que non se nos esqueza que, hoxe 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro, coincidindo co 175 aniversario da seu nacemento (o

Fotos de paz e amor no Lugrís

Imagen
Déixovos aquí abaixo unhas cantas fotos -para a lembranza- das actividades coas que celebramos o día da paz e non violencia e todas as pegadas murais coas que decoramos o instituto (e unha do grafiteiro Banksy ao lado como modelo inspirador para outras ocasións). A continuación, tamén unhas poucas  da participación nos "corazóns breves",  expresión dos nosos sentimentos máis íntimos e amorosos.  En ambos casos, moitísimas grazas pola vosa colaboración e entusiasmo.

Cupido e Valentín

Imagen
Un deus romano e un sacerdote cristián, ambos relacionados coa Antiga Roma, que continúan a ser na actualidade os principais símbolos do amor. Cupido é, para a mitoloxía romana, o deus do desexo amoroso. Segundo algúns, fillo de Venus -deusa do amor- e Vulcano -deus do lume e os metais-, ou de acordo a outras fontes, fillo de Venus e Marte -deus da guerra-. Os parentescos, como sempre que nos adentramos na mitoloxía, son moitos e as súas representacións en pintura e escultura, innúmeras [A imaxe da esquerda é Natureza morta con Cupido , de Paul Cézanne].    Valentín foi un sacerdote de Roma  que no século III d.C. opúxose á lei promulgada polo emperador Claudio II que prohibía o matrimonio entre as parellas novas porque pensaba que os soldados eran mellores se non tiñan ataduras. O santo Valentín continuou a casar en segredo e isto levouno á prisión e a un tráxico final (martirizárono e finalmente matárono o 14 de febreiro do ano 270). En fin, o día de San Valentín ten as sú

De bandas deseñadas e álbums ilustrados

Lémbrovos que o próximo venres 15 faremos unha reunión co CL2 (o club de lectura a partir de 4º ESO). Proporemos, para este trimestre, mirar e ler bandas deseñadas diversas e álbums ilustrados. Na biblioteca imos tendo máis material a cada paso.  Para irnos inspirando poderíades botar unha ollada á wiki que teñen no club de lectura Vixías das letras (dun IES de Carballo, ao que estiven moi ligada e do que non logro despegarme de todo...). Aí podedes ver varios vídeos moi suxestivos, e aquí déixovos un de El árbol rojo , de Shaun Tan para ir abrindo apetito.

PAZ, AMOR, AMIZADE... *

Imagen
Pasou o día da paz (o 30 de xaneiro) e nós aínda andamos festexándoo... Nesta ocasión andivemos a voltas cun dos seus símbolos máis recoñecidos, e expuxemos algo da súa historia á entrada do centro; pero, sobre todo, dedicámonos a elaborar vistosos murais con lemas e frases en torno á paz rubricados coa pegada das nosas mans (a parte máis diver).  Ben, agora poñerémos a facer algo a respecto do día do namorados (ao que nós engadimos, a amizade... porque si). Seguindo a inspiración dunha idea traído pola profe Magdalena, propoñémovos escribir mensaxes (de amor, de amizade) sobre corazóns de papel (as bases estarán en cada aula).  E, por último, a próxima semana celebraremos na biblioteca sendas reunións do club de lectura. O mércores, 6 de febreiro, para 1º, 2º  e 3º ESO e PCPI (en torno a María Menéndez-Ponte), e o xoves para 4º ESO, Bacharelatos e Ciclos (centrados en bandas deseñadas). *Estaremos facéndonos hippies ?