Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2013

Encontro con Alfredo Gómez Cerdá

Imagen
Como estaba anunciado, o pasado luns 18 de marzo, estivo con nós o escritor madrileño Alfredo Gómez Cerdá.Charlamos con el sobre os seus libros, acerca de como un escritor inventa personaxes e situaicóns, da base biográfica de aspectos dalgunhas das súas novelas, etc. Varios rapaces e rapazas regaláronlle a lectura de breves escritos propios. Lembrade que na biblio temos a disposición bastantes dos seus libros: Eskoria , La casa de verano , Sin máscara , Soles negros , Las siete muertes del gato ... E cambiando de tema, en breve anunciaremos os gañadores de "Coñécesnos?", o concurso de búsqueda de nomes para rostros de mulleres.

Nicaragua e SI

Imagen
Aínda que non se corresponde co Club de lectura, vou deixar aquí unhas fotos do encontro que mantiveron os rapaces e rapazas de 4º ESO con Yelda, Paola e Juan do barrio de Acahualinca, de Managua ( Nicaragua ) o pasado martes, 12 de marzo. Nel, contáronos como é a vida nun barrio que vive ao lado dun vertedoiro de lixo, e onde os nenos e nenas son maioritariamente traballadores desde moi temprana idade. Yelda fixo moito fincapé na importancia da educación nun lugar no que é difícil acceder a ela (traballar de mañá, ir a clases masificadas e sen recursos polas tardes...), e tamén do día a día difícil pola carencia de sustento económico. Estas mozas e mozos viñeron de Nicaragua para participar en reunións como a que tivemos nós nun montón de IES de Galicia e compartir as súas experiencias no marco dun proxecto de cooperación coa ONG Solidaridade Internacional .  Cambiando de tema, e agora si xa dentro do relativo ao Club de lectura, aproveito para lembrar que este luns, 18 de m

Imaxes de muller

Imagen
Con algo de retraso, como ultimamente nos acontece, tratamos hoxe un pouco sobre o día da muller que se acaba de celebrar o venres 8 de marzo.  Non sei se sabedes que o 8M   se  celebra para lembrar as "eternas" malas condicións do traballo das mulleres (tanto o remunerado como o que non o é). Na actualidade falamos máis ben do día da muller, a secas. Non é só cuestión de traballo (que tamén, e moi importante), senón en xeral da situación das mulleres en case todos o planos. Moito habería que falar sobre este día, ou mellor dito, de por que existe semellante conmemoración nunha sociedade, a nosa, que presume de igualitaria. Mais, como a pouco que reflexionemos [e Forges soe axudar], todas e todos sabemos, que a equidade entre as persoas por razón do seu sexo ou  xénero, aínda que avanzou moito [recoméndovos un artigo no que se fala de cando " ler era cousa de homes "], está moi lonxe de ser conseguida. A loita pola igualdade segue  a ser revolucionaria e signo

Premios corazón

Imagen
Con disculpas polo retraso, quedan aquí algunhas das fotos da entrega de premios ás mellores mensaxes en "corazón breve".  Desta volta, os premios estiveron moi repartidos, e as categorías foron establecidas en función das propias mensaxes. Houbo premios para:  - a mensaxes máis entrañable: Ana Cedrón, de 1º ESO A - a mellor mensaxe para profes: Andrés Conde, de 1º Bac - la meilleure mensaxe: Andrea Barros, de 4º ESO A - a mensaxe máis literaria: Alberto Castiñeira, de PCPI - a melhor mensaxe: Erea Ramos e Sabela Mosteiro, de 1º Bac - a mensaxe máis graciosa: Junquera López e Antía Fuentes, de 4º ESO B -  a mensaxe con mellor rima: Beatriz Pinheiro, de 2º ESO B - a mensaxe máis poética: anónima. De novo, moitas grazas pola entusiasta participación... que esperamos continúe na seguinte actividade.