Entradas

Mostrando entradas de 2013

Bos desexos de ano novo, entre contos e poesía

Imagen
Os últimos días de clase deste 2013 pasáronnos voando entre actividades, exames e notas. Non atopamos nin un minuto para dar conta aquí do feito. Así que facémolo agora, un pouco a touro pasado. O martes 10 de decembro, en lugar de dedicarnos á celebración do día dos Dereitos Humanos (que tamén tería estado ben), fixemos a nosa reunión do Club de lectura ao mediodía.  Visionamos a curtametraxe "A lus do mundo", recitamos algún poema de Nimbos , o único libro publicado de Xosé Díaz Castro, e logo ensaiamos algún dos contos infantís para lerlles aos pequechos e pequechas do CEIP Sagrada Familia. O martes 17 fomos un bo grupo de rapaces e rapazas (de 1º, 2º e 3º da ESO, máis Andrea, de 1º Bac) con dúas profes a lerlles contos aos máis cativos do Cole Sagrada Familia . Resultou unha experiencia inesquecible para quen participamos nela. Primeiro contáronlles contos á rapazada de 1º de Primaria, no salón de actos, e por grupos de entre cinco e oito. E logo,

Os nosos relatos de ciencia

Imagen
Presentamos aquí dous relatos sobre temas científicos de alumnos do noso IES. Redactáronos para o concurso Ciencia que conta e quedáronlles moi interesantes.  Paulo Marqués Cardoso (1º ESO) escribiu sobre Fleming e Yago Mayor Cabrera (tamén de 1º ESO) sobre Mileva Maric, a primeira esposa de Einstein.  Aquí os tedes:  1.  A muller do "xenio"   A MULLER DE EINSTEIN.  ROUBOU EINSTEIN A TEORÍA DA RELATIVIDADE Á SÚA MULLER? Lendo as investigacións realizadas alá polo 2005, moitos de nós pensamos que a primeira muller de Einstein, MILEVA MARIC, tivo moito que ver coa gran ecuación E=m.c 2  e dubidamos se realmente Einstein era quen semellaba ser. Remontándonos aos comezos, todo naceu como nace calquera historia de amor. Coñeceu a Mileva no instituto Politécnico de Zurich e pronto gañou o seu corazón con cartas nas que lle dicía entre outras cousas: "estou solo con todo o mundo salvo contigo". "Estou moi feliz de terte atopado, tan pare

Os nosos microrrelatos de medo, todos gañadores

Imagen
Ao fin decidímonos a publicitar aquí os microrrelatos de terror, os gañadores e presentados. Aínda que non foron demasiados os que nos fixestes chegar, si foron de calidade e podo asegurarvos que non foi doado decidir cal era o mellor. Sen máis preámbulos, aquí os tedes: NIVEL 4º ESO – BACHARELATO - CICLOS 1. 1º PREMIO Mis antiguas pesadillas regresan. Esta noche siento que se ciernen sobre mí. Estoy asustado y sus voces no me dejan dormir, hablan en una lengua que desconozco y me atormentan mostrándome mis peores miedos. Grito una y otra vez pidiendo ayuda. En vano, pues nadie aparece. Lentamente me dejo sumir en la inmensa oscuridad, mientras, poco a poco, olvido quien soy. Mi existencia desaparece junto con mis recuerdos y sólo queda la voz de mis lamentos. (Yasmín Barros Bolico, 1º Bac A) 2.   “Venganza de un asesino siniestro”                                                                                                  MENCIÓN DE H

A impresión que nos deixou ANOCA

Imagen
O pasado mércores 27 de novembro recibimos a visita de dous profesores do cárcere de Teixeiro acompañando a José Manuel, interno nesa mesma prisión. A experiencia resultou impactante (creo non esaxerar en absoluto). Coñecer de primeira man como é o cárcere, como se vive a cotidianeidade, o tedio e aburrimento do día a día, as decisións ou situacións que poden conducirnos a vivir alí... provocaron en todo o alumnado - e demais- unha profunda empatía. Penso que tamén nos impresionou a valentía e forza de vontade que poden sacar algunhas persoas, como José Manuel, para superar o feito e afrontar o presente e o futuro.  ANOCA , "Aprender NO CÁrcere", facendo significativo o seu nome, serviunos para aprender doutra maneira, para darnos unha boa lección de vida.  O alumnado de 3º e 4º da ESO, que tivo un magnífico comportamento, respectuoso e participativo (todo hai que dicilo), prometeu seguir en contacto a través do blog... Contamos con facelo...  Deixo aquí algunhas fotos

Crimes en Oxford e outros contos de terror...

Imagen
O pasado mércores 13 de novembro quedamos unhas poucas "escollidas" a ver a película española Los crímenes de Oxford a mediodía. Este filme trata sobre crimes cometidos seguindo unha serie lóxica ou matemática. Nela fanse moitas referencias ao filósofo austríaco L. Wittgenstein (autor da nomeada cita: "Do que non se pode falar o mellor é calar") e tamén á escola grega dos pitagóricos ; amósansenos as rúas de Oxford coas súas magníficas librarías e tranmítesenos a paixón con que se poden vivir as matemáticas. Á profesora Camino, que estivo con nós, non se lle pasou por alto un dos gazapos da película: nun momento fálase dun premio nóbel de matemáticas..., pero non hai premios nóbel nesta materia ( por que será? ).                                  Cambiando de tercio, o prazo do concurso dos Microrrelatos de terror, non foron moitos os presentados, aínda que si de boa calidade. Axiña diremos quen son as premiadas. E respecto ao club de lectura, reuni

Falando de pequenos relatos... e números

Imagen
Este martes pasado, o 29 de outubro, tivemos reunión do club de lectura no recreo e charlamos sobre O asasinato do profesor de matemáticas , o libro que centra as nosas charlas de momento; falamos tamén doutros libros de Sierra i Fabra, de concursos en marcha (esperamos moita participación nos Microrrelatos de terror) e fixemos plans para próximas reunións (das que en breve indico as datas confirmadas).  E falando de mate, atopei estes días un breve relato (aínda que non micro) que trata de aritmética... e fíxome sorrir. A ver se con vós tamén  o logra:  "Vamos a inventar los números -¿Por qué no inventamos unos números? -Bueno, empiezo yo. Casi uno, casi dos, casi tres, casi cuatro, casi cinco, casi seis. -Es demasiado poco. escucha estos: un remillón de billonazos, un ochote de milenios, un maramillar y maramillón. -Yo entonces inventaré una tabla:               tres por uno, concierto gatuno               tres por seis, no me toquéis               tres por dos,

Microrrelatos de terror... e outros concursos

Achégase o Samaín , e para celebralo á nosa maneira convocamos o II Concurso de Microrrelatos de terror do noso centro. Este curso ten novidades -lingüísticas- respecto á anterior edición. A continuación tedes as bases: BASES DO CONCURSO: Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), e encadrarse dentro do xénero do terror. Os microrrelatos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. Os microrrelatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés e francés. E deberán comezar, dependendo do idioma elixido, das seguintes maneiras: - EN GALEGO : “Falábase moito do lobo da xente, ese lobo que come carne humana...” [ X. MIRANDA, Pel de lobo ] - EN CASTELÁN: “Ya estaba cerca, a unos metros, pero ellos estaban paralizados. De pronto vieron la sangre...” [SIERRA I FABRA, Asesinato del profesor de matemáticas ] - EN INGLÉS : “This morning about the three o`clock, we were woken by a series of ter

O Club de lectura e ALICE MUNRO

Imagen
O pasado martes 8 de outubro tivemos a nosa primeira xuntanza deste curso. Viñeron os e as máis fieis do curso pasado e uníronse vairas caras novas de 1º ESO. Aínda que o tempo non deu para moito, chegamos a acordar ler neste primeiro trimestre El asesinato del profesor de matemáticas , de Jordi Sierra i Fabra  (Barcelona, 1947), un magnífico autor xuvenil, do que temos un montón de libros -en castelán e tamén en galego- á vosa disposición. E temos tamén nomeados varios axudantes para colaborar na organización das reunións. Quedamos, ademais, en que a próxima reunión teríamola o martes 28 de outubro. A ver se desta volta non se esquece ninguén... Aproveito que me poño para lembrarvos que estamos a redactar as bases do II Concurso de microrrelatos de terror, esta vez con novidade "plurilingüe"... E non vou rematar sen facer mención de que hai uns días se concedeu o Premio Nóbel de literatura a unha escritora canadense, Alice Munro  (Ontario, Canadá, 1931), especialis

Retomamos a nosa andaina...

Imagen
Benvidos, benvidas e moitos ánimos para este novo curso. De novo, continuamos a nosa andaina... Temos xa dispostos os carnés para o novo alumnado de  1º ESO e axiña farémoslles unha presentación da biblioteca e entregarémosllelos  Pouco despois realizaremos a nosa primeira reunión do club de lectura para este curso (ide cavilando... todo será escoitado). Na biblioteca engrosamos a parte das películas cunhas cantas novas, bastante relacionadas coa filosofía e a historia, aínda que tamén hai algunhas outras de simple lecer. Adquirimos: 300, Ágora, Alejandro Magno, Troya, Matrix, Diamante de sangre, Te doy mis ojos, El discurso del rey. Tamén dispoñemos de novos exemplares das revistas National Geographic e Historia (doados polo profesor Vicente).  E Para que a espera pola reunión do club non se faga longa aos bos e boas lectores, déixovos aquí un pequeno gran texto  de Julio Cortázar sobre como subir unha escaleira: tamén do máis obvio sae boa literatura... Instruccion

Comezo da "operación desconexión"

Imagen
Si,  cando menos por un pouco tempo, deixaremos de lado as rutinas cotiás e trataremos de cambiar os camiños do pensamento máis frecuentados... coa intención de volver ao novo curso con renovadas forzas e proxectos. (Quen teña que preparar os exames de setembro terán un tempo máis breve para desconectar, aínda que cunha boa planificación, haberá tempo para todo...). Botando a vista atrás, remata un curso que pasou voando e que superou as miñas expectativas máis positivas, grazas en gran medida á biblioteca e ao club de lectura que funcionaron para min como un lugar -non só físico- de acollida e estímulo para o meu traballo. Así que, ademais de estar moi agradecida tanto aos rapaces, como aos colegas profes e  á directiva pola excelente acollida de todas as propostas e a participación nelas, teño -ou temos- por diante o reto de non decepcionar e continuar construindo un espazo cómodo para ler, aprender, xogar, curiosear... Aproveito para poñer as fotos do noso último encontro n

Relato dunha excursionista do Club

Imagen
Hoxe escribe Cindy Elsa Espiniella, de 1º ESO A, dando conta das visitas que fixemos o pasado xoves 6 de xuño: " Vamos a una excursión. Primero pasamos por la Real Academia Galega (RAG). En la RAG nos explicaron quienes se sentaban en los sillones... eran gente muy importante. Después, en la casa de Emilia Pardo Bazán, nos enseñaron las cosas que utilizaba, los cuadros, fotografías de ella, sus hijos y su marido. También, los libros que le dedicaban, el vestido y las poesías... Y, por último, en el Arquivo do Reino de Galicia nos explicaron, en primer lugar, lo que hacían; en segundo lugar, nos enseñaron algunos libros que tenían y en tercer lugar donde guardaban los documentos; y cuarto y último, el laboratorio donde  restauraban los documentos antiguos". Quedaranos unha boa lembranza!

De fotonovelas e películas...

Imagen
Temos na bilbioteca unha nova exposición, esta vez de fotonovelas elaboradas por 4º ESO coa profe Xulia.  Aquí queda unha mostra de Adriana (4º A) para abrir apetito, coa lembranza da saída a Pontevedra. Lembrade que o martes 11 quedamos a ver a película sobre a vida de Emilia Pardo Bazán (damos caña ata o final, que non se diga...). 

Ruliña, miña ruliña... as palabras que máis nos gustan...

Imagen
Pois si, parece que no Lugrís  enchémonos de agarimo  cara o fin de curso (ou será que somos así?) e ao mirar para a nosa lingua as palabras que máis nos gustan (medida por número de votos) son   RULIÑA  e máis MORRIÑA .  Nos topónimos gana por goleada RIAZOR, e entre os nomes propios VALERÓN non ten parangón (perdoade o pareado).  Penso que se nos ve demasiado o plumeiro deportivista (malia os tempos que corren). Recollo aquí as explicacións que nos ofreceron quen propuxeron estas ben soantes palabras:  - RULIÑA : "expresión moi cariñosa" (proposta por Antonio Chans, de STI 1º A) - MORRIÑA :  "saudade, botar de menos" (proposta por Junquera López, de 4º ESO B), ou "un sentimento que abarca moitos sentimentos e unha palabra que todos entenden, pero nadie pode explicalo" (Noelia e Cristina Rodríguez, tamén de 4º ESO B) - RIAZOR : "terra de fútbol" (Gonzalo Conde, de 4º ESO B) - VALERÓN : "mago do fútbol" (Gonzalo Conde) Rea