Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

A casa do propósito especial

Imagen
Tamén comezamos a nosa singradura cos maiores do insti, e facémolo cun libro de John Boyne (o autor de O neno do pixama de raias ): A casa do propósito especial . Unha obra que nos sitúa en dous escenarios alternativamente: por un lado, en Londres, cunha parella madura, e máis concretamente nos arredores da Biblioteca do British Museum, e doutra parte, en Rusia no tempo do último zar , cun campesiño que por azares da vida chega a vivir moi perto da familia do zar Nicolás II. É un relato cheo de intriga e segredos que se irán desvelando pouco a pouco. Espero que vos guste! 

O segredo de Marco Polo

Imagen
Estamos xa mergullándonos na lectura de O segredo de Marco Polo , de Francisco Castro . Un libro  co que coñeceremos un  pouco da Venecia do século XIII e da figura do aventureiro Marco Polo   co trasfondo dunha bela historia de amor. Os máis novos e novas do instituto amosáronse ilusionados e ben dispostos a embarcarse na lectura deste libro, que espero gocen  e lles pique a curiosidade para saber máis, e sobre todo para comentarnos o que queiran sobre o mesmo.   

Botamos a navegar

Imagen
Se che gusta ler e apetéceche compartir experiencias lectoras, ven a informarte á primeira reunión que terá lugar na biblioteca: - para 1º, 2º e 3º ESO o próximo mércores 17 de outubro, no recreo. - para 4º ESO, Bacharelato e Ciclos, o próximo martes 23 de outubro, no recreo. ¡¡ Atoparemos a forma de pasalo ben, con libros de fondo!!