23 may. 2018

Enquisa para avaliación biblioteca



Como en anos anteriores, gustaríanos coñecer a túa opinión para seguir mellorando.


De novo queremos que nos axudes a facer a valoración do grao de satisfacción no uso da biblioteca así como as suxestións que poidas facernos. 

Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos désedes a vosa opinión. Gustaríanos recabar opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais. 

Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado.



Pincha aquí para responder



Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!

17 may. 2018

Haikus en "La Querida"

Unha das cousas máis chulas que fixemos durante a viaxe cultural a Salamanca e Bragança -da que en breve vos contaremos máis-, foi o obradoiro de haikus que realizamos co escritor Raúl Vacas na súa escola de campo "La Querida". 

Déixovos aquí algúns dos resultados,

16 may. 2018

Obradoiro con Xosé Tomás

Onte martes, 15 de maio, poidemos gozar dun magnífico obradoiro con Xosé Tomás, no que aprendimos moito sobre as orixes do cómic ou banda deseñada. 

Falounos sobre as súas orixes norteamericanas, con Yellow kid, dos tipos viñetas, recursos como a elipse... e moito máis. 

Deixámosvos aquí algunha foto solta e un vídeo quick con moitas máis :)

14 may. 2018

Miguel recomenda... "A dúbida", M. Reimóndez

Miguel Pérez Redondo, de 4º ESO, recoméndanos a lectura de "A dúbida", de María Reimóndez

Sinopse: 

A dúbida é un libro escrito por María Reimóndez, que se centra na historia de Adelaida Sánchez, á que todo o mundo chama Deli. É unha muller moi miúda, que, segundo a describe a autora no libro, ten corpo de nena pequena. O relato comeza un día pola mañá, coa visita da policía. Vicente, o seu home, fora acusado de abusos sexuais a menores. Deli non entendía nada, nunca vira deter a ningúen, só nas películas, e non tiña nada que ver coa súa realidade.

Opinión: 
Encantoume, foi un dos mellores libros que lin, a dúbida sobre a culpabilidade de Vicente atrápate desde o primeiro momento.
Trata temas que se dan moito na actualidade e céntrase no rol da muller hoxe en día. As mulleres non teñen por que estar dobregadas ao home e neste libro vese como Deli é o suficientemente forte para ir en contra do seu marido, ela pon a verdade diante de todo, de principio fixo o que puido para demostrar a súa inocencia e logo todo o contrario.
Ao final quédase soa, pero sabendo toda a verdade, era unha muller libre. 



9 may. 2018

Con Héctor Cajaraville

Grazas á organización do Departamento de Lingua e Literatura galega, onte martes 8 de maio tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor Héctor Cajaraville, un xornalista convertido en escritor, tal e como el mesmo nos contou. E ademais, un escritor bastante prolífico nos últimos tempos.

8 may. 2018

Concurso de Cartas a... MARÍA VICTORIA MORENO





Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu IV Concurso de CARTAS A... Mª VICTORIA MORENO co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento desta escritora.

6 may. 2018

PENSANDO IMÁGENES con Chema Madoz


La semana pasada nuestro club de lectura dedicó una sesión a pensar con imágenes. Esta vez de la mano del reconocido fotógrafo Chema Madoz. Sus fotografías han calado en la mente de nuestros jóvenes lectores porque son "poemas visuales" donde los objetos están sacados fuera de contexto, desvinculados de su cotidianidad para provocar un efecto poético.

2 may. 2018

PREMIOS LECTURA POÉTICA sobre El Quijote

Ya tenemos ganadores de la Lectura poética que se celebró el DÍA DEL LIBRO en nuestra biblioteca. Ha sido un fallo muy difícil porque todos recitasteis muy bien. Al final, han quedado 5 premios:





27 abr. 2018

Festa intercentros do xadrez e do debate



Este pasado mércores celebramos o segundo encontro co IES Isidro PargaPondal de Carballo e o primeiro co IES Fernando Wirtz no noso centro para celebrar unha festa do xadrez, e engadimos tamén á celebración, o debate.

26 abr. 2018

# SiempreNosQuedaráLaLectura

Con motivo de la celebración del DÍA DEL LIBRO, este año hemos homenajeado a Cervantes con una Lectura poética sobre El Quijote.


Comenzamos el acto leyendo una interesante visión que el nuevo Premio Cervantes, el nicaragüense Sergio Ramírez, nos da sobre lo que para él es un libro:


Un libro es como una casa de muchas habitaciones, cada una con un decorado diferente, y uno puede asomarse, primero desde fuera, a través de múltiples ventanas y, así seducido, entra a vivir en esas estancias cordiales y acogedoras, porque siempre hallará abiertas sus puertas. Y como estamos en abril, el mes de Cervantes, quiero recordar el libro de los libros, el que más ventanas, puertas, pasadizos y corredores tiene, El Quijote.